#Fútbol afeccionado #Terceira Futgal

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O Matela celebra o seu ascenso

O Matela conseguiu vencer na final do play off de ascenso do grupo norte da Terceira Futgal ao Abadín e xa son equipo de Segunda. Os de Cuchi conseguírono cunha gran autoridade, gañando por 5-2 no partido de volta da eliminatoria. Así acadaron o obxectivo que se planteaban durante esta tempada, onde contaban cun equipo novo, con xuventude e moita calidade. A iso hai que engadir un gran compromiso que fixo que o traballo saíse á perfección.

Demostración de poder do Matela

A final da promoción de ascenso foi unha clara demostración de poder dun Matela que tiña claro que este ía ser o ano no que alcanzasen a Segunda Futgal. Xa nas semifinais conseguiron vencer ao Rioaveso Machinango tras remontar fóra de casa no partido de volta por 1-3 nun encontro onde mostraron a súa superioridade ao chegar a poñerse con un 0-3 no minuto 62.

Pero a final foi outra historia. Xa na ida ante o Abadín, os de Cuchi conseguiron vencer pola mínima fóra da casa. Na volta consolidaron o resultado cunha exhibición de xogo na que o propio adestrador do Matela, Cuchi, admite que «puidemos meter máis goles». O resultado foi de 5-2, pero na primeira media hora do encontro xa mandaban por un 3-1 que deixaba a eliminatoria vista para sentencia.

Un grupo novo e comprometido

O Matela conformou un grupo completamente novo de cara a esta tempada pero cun gran nivel de xogo. «Tiñamos a moitos xogadores que están na universidade que nos permitiu facer un equipo novo moi forte e conseguimos acadar os nosos obxectivos«, afirma Cuchi, quen engade que «o compromiso foi máximo nos adestramentos e iso ao final da tempada nótase porque todas as ideas que queres introducir pódelas traballar«.



Aínda así, non foi un camiño sinxelo ata chegar ao ascenso. «Tivemos un bache na segunda volta que nos lastrou para o directo. Sabiamos ao que tiñamos que xogar e iso fixo que fose máis fácil acadar o ascenso a través da promoción«, afirmou o técnico. Inda así, a celebración non puido ser moi grande no mesmo día xa que o traballo do día seguinte fixo que moitos tiveran que marchar a casa, pero reservan as enerxías para a cea do equipo.

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O San Lázaro vence e segue na

O Matela alcanza a Segunda Futgal

O Matela alcanza a Segunda Futgal

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *