Co inicio da tempada regresa o Trío de Ases O Cantón nunha xornada que non foi positiva para os lucenses. A Sarriana perdeu no seu debut na Segunda RFEF, ao igual que Viveiro e Rácing Villalbés na Terceira RFEF e o Pol de forma sorprendente ante o Victoria. O Lugo B salvou un punto in extremis cun dos goles da xornada e o Burela debutou tamén sumando un punto. O Lemos foi o único que venceu, pero de forma contundente ante o Choco por 3-0.
Xornada histórica con final amargo
A Sarriana viviu un día que non esquecerán xamais co seu debut na Segunda RFEF, aínda que non puideron sumar nada ante o Oviedo Vetusta ao caer por 3-2. Os goles de Guille Berzal e Marco Esteban na primeira parte puxeron todo costa arriba. O filial carbayón non paraba de insistir a través dunha presión que, nos primeiros intres do encontro, non puido superar o conxunto sarrián. No minuto 64, Coballes poñía o terceiro e poñía a tarefa máis complicada.
Pero os cambios modificaron completamente o paso do encontro e os de Iván Carril buscaron a milagre de ir a polo empate. Á saída dun córner, William conseguiu rematar de cabeza para abrir o marcador. Só catro minutos despois, foi Álex Millán que convertiu un penalti para darlle aos seus esperanzas cun cuarto de hora por diante, pero non puideron conseguir un punto.
O Lugo B salva un punto no límite
O Lugo B puido sumar un punto no límite do tempo reglamentario despois dun gran encontro dos de Dani Galán. No minuto 2, levaron un gran golpe cun penalti que transformou Mario Costenla. O filial albivermello reacionou da mellor maneira posible e trataron de conseguir un gol rápido con grandes oportunidades. Un man a man de Ibe e dous paus de Mateo e o propio Ibe deixaban contra as cordas ao Noia, pero sen convertir.

Na segunda parte, o conxunto rival fortaleceuse nas labores defensivas e buscaron ataques á contra para poder lograr sentenciar o encontro, pero sin éxito. O xogador que máis revolucionou o encontro foi Aday, que a falta de dez minutos tivo un man a man que detivo o porteiro. Pero na última xogada, o xogador obrou o milagre cunha falta a trinta metros na que disparou directo despois de ver que o porteiro estaba máis atento ao posible centro que esperaba todo o equipo para poñer o 1-1.
Duros golpes para Racing Villalbés e Viveiro
A nova era dos ases do Racing Villalbés non comeza da mellor maneira ao perder por 2-0 na casa ante o Alondras, un dos que foi un rival directo na pasada tempada na Terceira RFEF. A primeira media hora do encontro foi para o conxunto chairego, que cunha doble ocasión de Pablo Trigo estiveron a piques de marcar o primeiro tanto. Pero Lucas Camba asestaría un golpe moi grande co primeiro tanto do encontro para o Alondras.
Na segunda parte, o Racing Villalbés saiu amosando todas as súas ganas para acadar o primeiro punto da tempada. Pero outra vez o Alondras foi máis eficaz e no minuto 56 atoparon a Luismi para anotar o segundo tanto. O encontro foi cara a un ida e volta que beneficiou máis aos visitantes, pese a que os de Juan Rodríguez tiveron unha gran oportunidade que marchou alta para recortar distancias.
Por parte do Viveiro, o encontro foi o que máis goles tivo de toda a xornada no fútbol lucense destas categorías con seis tantos. Pero a foi o Barbadás quen mostrou unha maior efectividade. Os visitantes aproveitaron as súas dúas primeiras ocasións para poñerse por diante cos goles de Carlos Villar e Iker Soto antes da media hora. Sergio Tonini recortou distancias antes do final e incluso tivo opcións de empatar o encontro.
Pero dez minutos despois do inicio, un mazazo chegou co balón parado, no que Carlos Villar volvería ampliar a renta. Dous minutos despois, Pablo Ruiz voltou ampliar a renta. Aínda así, Yanike recortou distancias e o conxunto de Alberto López estivo a piques de ameazar a vitoria rival con ocasións de Jacobo e Lansade.
O Lemos, o único as con vitoria
O Lemos non puido arrincar de mellor maneira a súa aventura polo grupo sur, xa que o guión do encontro que tiñan plantexado ante o Choco foi á perfección en todo momento. A vitoria por 3-0 consolidouse con un doblete de Youness en tres minutos que xa puxo o encontro a favor. Pese a iso, Pablo Losada tivo que actuar para que o Choco non ameazase a vitoria. A sentencia veu a cargo de Brais Pardo a falta de media hora para o final do encontro.
O Burela regresou á Preferente con moi boas sensacións e collendo o ritmo da competición, a presión foi capital para manterse no encontro, aínda que Anxo Lamasa puxo por diante ao Sigüeiro. No minuto 52, Jairo López foi capaz de igualar no minuto 52 e aí comezou a tarefa máis difícil, aguantar ao rival. Os visitantes foron con todo para acadar a vitoria, pero os mariñáns foron quen de evitar o tanto e gardar un punto na Marosa.
Peor lle foron as cousas ao Pol na súa visita á Coruña, xa que caeron ante o Victoria por 1-0. O equipo nunca se atopou cómodo no campo e viuse dominado polo rival. Javi Liz foi salvador en varias ocasións para manter o partido igualado. Na segunda metade, o Pol reaccionou e tivo un gol anulado a Ríos, pero no minuto 70 David Bandera puxo o gol da vitoria para os locais.


