O Friol da pasada tempada

O Friol xa ten calendario na Terceira RFEF

O P.M. Friol será o único representante do fútbol feminino lucense na Terceira RFEF na nova tempada despois da disolución da sección no CD Lugo, que tamén militaba na categoría. Este ano, a liga galega queda só con doce equipos, o que fai á competición moito máis igualada entre os mellores equipos de toda Galicia. O Friol, que xa coñece o seu calendario, comezará en Boiro a súa aventura e rematará na casa ante o Bergantiños.

Comezo ante un ascendido

O P.M. Friol arrincará a tempada ante un ascendido coma o E.F.M. Concello de Boiro o próximo 21 de setembro. Será un encontro no que as lucenses poderán mostrar todo o seu nivel para intentar dar un novo paso nos postos de honor da clasificación, xa que na tempada pasada acadaron unha gran séptima posición.

O primeiro encontro na Reigosa será ante o Victoria CF coruñés. O ano pasado, só catro puntos separaron a ambos equipos, polo que pode ser un encontro entre rivais directos para tratar de acceder á loita por tratar de meterse na promoción de ascenso.

O Friol decidirá todo na casa

O Friol terá o peso do final da tempada no seu estadio. Na antepenúltima xornada mediránse na Reigosa ante o Domaio, que terá o papel de recién ascendido ao longo deste curso. No caso da penúltima, afrontarán a súa última visita da campaña ante o Victoria FC de Santiago de Compostela, décimo na anterior campaña na Terceira RFEF.

O telón pecharase no seu campo cun encontro no que os obxectivos da tempada estarán en xogo. O último oponente será o Bergantiños. O ano pasado, as de Carballo quedaron na decimocuarta posición nun ano complicado. O Friol ten claro que terán que loitar moito nunha competición moi curta para tratar de lograr estar na loita por un ascenso que depara moita ilusión.

O Friol xa ten calendario na Terceira RFEF

Diario dun Mercado. Episodio 496

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *