Pablo, un dos goleadores do Chantada

O Chantada chega á volta con moita vida

O Chantada conseguiu un valioso empate ante o Cultural Areas no Sangoñedo por 2-2 que lle dá moitas opcións de cara a unha volta fóra da casa onde todo estará por decidir. Os lucenses puxéronse por diante na primeira parte, pero o seu rival foi quen de darlle a volta ao marcador. Foi Pablo no minuto 81 quen puxo o segundo gol para que a eliminatoria chegue viva ao fin de semana que vén, que será cando se xogue a volta na Lomba en Areas.

Un choque con moitas variantes

O encontro tivo diversas alternativas desde o comezo, pero foi o Chantada quen puido golpear primeiro no minuto 29 cun gol de Damián que aumentaba a ilusión da afección, sobre todo co soño da Copa do Rei na mente. Pero o Areas puido darlle a volta ao encontro na segunda parte con dous goles en dez minutos, o primeiro obra de Javi Vila e o segundo, de Javi Pazos. A falta de nove minutos para o final, Pablo igualou o encontro para deixar todo aberto.

O Chantada, a noventa minutos da final

Este resultado deixa unha eliminatoria moi aberta na que, pese a ter que xogar fóra da casa na volta, o Chantada ten opcións para poder avanzar a unha final na que, cunha alta probabilidade esperará o Negreira ao gañarlle ao Velle por 0-3 en Ourense. Será unha tarefa complexa para os de Adrián Traste, pero a ilusión de toda a vila está presente para que o Chantada poida loitar para levarse a Supercopa Galicia antes de encarar a tempada na Primeira Futgal.

Ademais, o soño da Copa do Rei está moi presente en todos os afeccionados e xogadores da entidade. No caso de conseguir chegar a final e gañala, o Chantada entraría na fase previa do torneo nacional, onde tería que eliminar a outro equipo do territorio español das categorías rexionais para facerse cun oco na primeira rolda. Alí, esperaría un clube da Primeira División con todo o impacto que supón.

O Chantada chega á volta con moita vida

O Chantada chega á volta con moita

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *