O Chantada xogará a Supercopa Galicia

O Chantada xa ten rival na Supercopa Galicia

O Chantada, que foi campión da Copa Deputación, xa ten rival de cara ás semifinais da Supercopa Galicia. Tocaralle xogar ante o Cultural Areas da Preferente, unha categoría máis que os lucenses que compiten na Primeira Futgal. A eliminatoria será a ida e volta, co primeiro encontro o 10 de agosto e o segundo o 17 de agosto. Toda unha oportunidade para que os chantadinos poidan acadar un fito histórico para toda a provincia.

Porque se o Chantada consigue pasar de ronda e na final, tamén a doble partido os días 24 e 31 de agosto, ante o vencedor da eliminatoria entre o Velle e o Negreira, os da Ribeira Sacra conseguirían acceder a toda unha fase previa da Copa do Rei. Esta disputaríase a doble partido en fin de semana ante outro equipo do fútbol rexional doutra Comunidade Autónoma. En xogo, recibir a un Primeira División na primeira fase da Copa, algo histórico para Chantada.

Sarriana e Racing Villalbés, á Copa Federación

A outra vía para poder chegar á Copa do Rei está na Copa Federación e tanto Sarriana como Racing Villalbés xa están dentro do cadro da fase autonómica, a cal terían que conseguir gañar para poder formar parte do torneo do KO e recibir a un equipo de Primeira División, como xa fixo o Compostela na pasada edición por exemplo. Para iso, terían que chegar ás semifinais da fase nacional.

A Sarriana terá que ir á eliminatoria previa, onde se enfrontará ao Ourense CF. A data será entre os días 4 e 10 de agosto e o lugar está por determinar debido ás obras na Ribela. O vencedor dese cruce terá que xogar ante o Rácing Vilalbés, polo que un derbi aseguraría a un equipo da provincia nas semifinais do primeiro torneo oficial da tempada.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *