A primeira experiencia no fútbol senior do Casás non puido ser máis fructífera. Ao brilante ascenso a Segunda Galicia hai que sumarlle o Torneo Delegación que a pasada fin de semana acadou o conxunto lucense fronte ao Páramo tras vencer por 0-1 no Municipal do Corgo. «Era un reto crear un novo equipo sénior e o resultado non puido ser mellor. O compromiso foi excelente no día a día e os resultados víronse no campo ao acadar o ascenso. O Torneo Delegación foi un broche de ouro a unha temporada histórica«, manisfetou Álex Cortón, que xunto con Diego Barreiro lideraron desde o banquiño o proxecto do Casás.
Non menos espectacular foi a temporada do Páramo, que liderou con solvencia o grupo sur e acadou tamén o ascenso a Segunda Galicia, gran obxectivo do club. «Tiñamos claro que tras quedar ás portas o pasado ano ibamos volver a intentalo. Ademáis de manter a base de xogadores reforzámonos ben e iso fixo que o rendimento fora moi alto. Gañamos case todos os partidos e con bastante claridade, perdendo só dous na liga. Ademáis na Copa pasamos varias roldas e no Torneo Delegación chegamos ata a final. Moi contento coa temporada«, asegurou tamén Jony Lombardía, adestrador do Páramo.
O encontro deixou claro que o campo do Corgo non é propiciou para un Páramo que perdeu os dous partidos disputados no Municipal. O Casás foi mellor nun primeiro tempo de dominio alterno, pero no que o cadro capitalino gozou das mellores ocasións. Sami e Fonseca contaron con dúas opcións de gol moi claras que non aproveitaron, mentres que o Páramo tentou aproveitar os erros do rival na saída de balón. Preto do descanso chegaron dúas xogadas claves no devir do encontro. Os de Jony Lombardía reclamaron penalti por derribo de Juan dentro da área que o colexiado non sinalou, e xusto antes do intermedio o Casás logrou o único tanto do partido, obra de Fonseca ao aproveitar un balón rexeitado.
No segundo tempo o Páramo optou por un fútbol máis directo que incomodou ao Casás. A falta de acerto privoulle aos das Rapadas de lograr o tanto do empate. Fonseca, á contra, tivo nas súas botas o segundo, mentres que no tramo final o Páramo reclamou novamente penalti tras unha caída de Antón.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Xogadores máis destacados da final: Herrero e Fonseca (Casás); Dani e Marcos (Páramo).
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-28-at-12.04.13-1.jpeg)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)