#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

O Burela chega á Preferente

O Burela celebra o seu ascenso á Preferente

O Burela conseguiu tras anos perseguindo este soño alcanzar o ascenso á Preferente tras gañar ao Chantada Atlético por 0-1 para converterse en campión do grupo lucense da Primeira Futgal. O equipo mariñán só necesitaba un empate, pero o gol de Mauro Salgueiro, fillo de Luchi, quen fora adestrador que comezou o proxecto que agora pechou Oke. Un final feliz para un conto de loita no que A Marosa foi clave, xa que moitos dos xogadores son da canteira do clube.

Unha vitoria sufrida para ser campión

O Burela acadou o ascenso matemático cun encontro en Chantada no que se sentían como locales. Un desprazamento masivo de afeccionados mariñáns chegaron en autobús ao Sangoñedo e puideron ver o seu obxectivo cumplido. Aínda que houbo moitas imprecisións no último pase que non lle permitían aos de Oke ter boas opcións, nunha falta Mauro Salgueiro converteuse no heroe do encontro ao rematar un centro ao segundo pau que puxo o único tanto do encontro no marcador.

Os da Mariña Lucense aguantaron o resultado con uñas e dentes e, co pitido final do colexiado do encontro, a ledicia desatouse. Afección e xogadores puideron festexar tanto no campo coma no río, a onde se foron bañar para desfrutar do ascenso. Gritos e cánticos de felicidade continuaron ata a chegada a Burela, onde a festa continuou para acreditar que o clube voltaba á Preferente 17 anos despois da súa última tempada na categoría.

Un Burela caracterizado polo esforzo

A tempada do Burela caracterízase polo gran esforzo e compromiso durante toda a tempada. Case todo o curso foron líderes, consolidando a súa forma de xogar e sabendo como adaptarse as circunstancias de cada un dos encontro. Gran parte do ascenso consolidouse na súa canteira, con xuvenís debutando e moitos xogadores formados nas categorías inferiores do clube, os cales festexaban onte gritando ‘Made in A Marosa’.



Un dos grandes referentes é o pichichi da competición ata o momento e capitán do equipo, Jairo Campo. O dianteiro afirma que «creo que é un ascenso merecido porque creo que foi cousa de ir facendo ben todo. A xente foise unindo ao proxecto e a base está mellor que nunca. Como neno que me criei no clube esto é o máximo ao que podo aspirar».



O Burela chega á Preferente

O Viveiro continua en Terceira RFEF

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *