#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O Burela, a facer bo o dito

O tan repetido de «adestrador novo, vitoria segura«, é ao que se aferra o Burela nesta xornada na que Julio Castro debuta no banquiño da Marosa. Será o domingo ás 17 horas coa arbitraxe de Darío Costas.

A SD Burela afronta este encontro decisivo en postos de descenso con vinteseis puntos na clasificación, a dous da zona de permanencia que marca o Cidade de Ribeira. A pesar da mala xeira dos burelaos, que só foron quen de vencer un encontro nos últimos catro meses, a gran igualdade da Preferente deixa ao conxunto verde con plenas opcións de acadar a ansiada permanencia. Logo da renuncia de Oke como adestrador, a chegada de Julio Castro ao banquiño, posto que compaxinará coa cordinación das escolas deportivas Río Ouro, agárdase que sexa o revulsivo necesario para un Burela ao que lle urxe sumar tres puntos.

O Miño é undécimo na clasificación con seis puntos máis que o Burela, o que amosa o parello da táboa clasificatoria. Os de Mario David Pérez neste 2026 son o rei do empate na Preferente. Dúas vitorias, dúas derrotas e o resto igualadas nas que predomina a escaseza de goles, de feito son o terceiro equipo menos goleado da categoría, só superado por Lalín e Betanzos. Cabe destaca a faceta goleadora de Rubén Lozano, xogador cunha ampla traxectoria no fútbol madrileño, que acapara case que o cincuenta por cento dos goles do equipo. Anotou no que vai de temporada quince dos trinta e dous goles do Miño é o segundo máximo realizador da categoría. Carra, Pipe e Mario non serán da partida por acumulación de cartóns.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

David Ben (SD Burela)

Troco no banquiño. «A chegada do novo míster fixo que mellorara a intensidade nos adestramentos esta semana. Julio está a coñecernos e todo o mundo quere loitar por un posto no once titular e poder axudar ao equipo a saír desta mala xeira de resultados«.

O Miño. «Afrontamos o partido como se fora unha final. Quedan só nove partidos e se queremos ter opcións de salvarnos debemos intentar sacar os máximos puntos posibles, xa que, non hai marxa para errar. Contra o Miño debemos ir todos a unha e intentar non conceder ocasións en erros defensivos e mellorar a nosa efectividade en ataque, aproveitando as ocasións que teñamos«.

As claves para saír do descenso. «Debemos facernos fortes no noso campo e aproveitar o impulso que nos da a Marosa e tamén buscar sacar todo o que se poda fóra da casa. Tamén temos que recuperar a intensidade que caracteriza a este equipo, a cal creo que co transcorrer da temporada fomos perdendo pouco a pouco. Creo que este foi o principal troco con respecto ao comezo de liga onde si nos acompañaban os resultados, polo que debemos recuperala neste tramo final tan importante que nos queda«.

A AXENDA

Segunda Galega Feminina

Milagrosa – Victoria C (Domingo ás 16:30 horas no Luis Gorgoso): encontro moi importante para as lucenses nas súas aspiracións de conservar a súa praza no play off de ascenso. Reciben ao seu inmediato perseguidor que conta cun só punto menos na clasificación. Ámbolos conxuntos chegan logo de dúas derrotas consecutivas.

San Lázaro – Ordes (Domingo ás 16 horas Rodríguez Lago 1): as lucenses afrontan un encontro propicio para sumar os tres puntos, xa que reciben ao pechacancelas, conxunto que non foi quen de gañar no que vai de liga.

Terceira RFEF

Viveiro – Céltiga (Domingo ás 12 horas en Cantarrana): con oito puntos de marxe sobre o descenso, os mariñans queren escalar postos na clasificación. Enfronte estará unha das revelacións do campionato, un Céltiga que ocupa praza de play off de ascenso, pero que baixa as súas prestacións lonxe da Illa.

Preferente Futgal

Pol – Lalín (Domingo ás 12 horas no Municipal): partidazo no que os de Labrada quererán darlle continuidade á súa boa xeira, sumando dezaseis dos últimos dezaoito puntos en xogo e situándose a cinco puntos do play off de ascenso. Pero enfronte estará o líder, con once puntos de marxe sobre o segundo e que non perde desde a cuarta xornada de liga. Desde aquela dezasete triunfos e catro empates.

Lemos – Umia (Domingo ás 17 horas na Pinguela): os monfortinos voltaron á senda da vitoria a pasada xornada con Marquitos no banquiño e están a só dous puntos do play off. Reciben ao colista, que só sumou un triunfo nos seus últimos nove partidos.

Primeira Futgal

Residencia -Escairón (Domingo ás 17:30 horas na Cheda): os locais, segundos clasificados, queren sumar tres puntos e manter a distancias cos seus perseguidores. Os do Saviñao metéronse de cheo na pelexa pola terceira praza e suman cinco vitorias nos últimos seis partidos.

Segunda Futgal

Xermade – Folgueiro (Sábado ás 16:30 horas no Municipal): os locais buscan escalar postos na clasificación nun difícil encontro diante do Folgueiro. Os do Vicedo queren asaltar o liderado cos tres puntos desta xornada e co encontro aprazado fronte ao Meira que xogarán no día festivo do 19 de marzo.

San Roque – Lemos B (Domingo ás 16 horas no Polvorín): boa oportunidade dos locais para recurtar diferencia co filial monfortino, segundo clasificado. Un triunfo do San Roque deixaríaos a catro puntos, mentres que se é o Lemos B o que logra a vitoria pode recurtar puntos co líder.

Terceira Futgal

Catro Roldas – Roupar (Domingo ás 17 horas na Canteira): encontro no que os locais poden retornar á Segunda Futgal dez anos máis tarde. Os de Coto buscarán un triunfo que evite sorpresas diante do Roupar e que a Canteira se convirta nunha festa.

Corgo – Rubián (Domingo ás 17:30 horas no Municipal): co conxunto local xa ascendido e coa primeira praza asegurada, os visitantes xóganse as súas opcións de rematar segundos e obter o billete de ascenso directo. No desanso xa coñecerán o resultado final do Taboada B, terceiro e gran rival dos de Senén López. Unha derrota ou empate do filial e un triunfo do Rubián remataría co ascenso destes sen agardar á derradeira xornada.

Foto de portada: Facebook SD Burela

O Burela, a facer bo o dito

O Corgo culmina unha gran temporada co

O Burela, a facer bo o dito

O Burela, a facer bo o dito