#Fútbol afeccionado #Feminino

O Antas pon a directa cara ao ascenso

O Antas celebra unha vitoria esta tempada

O Antas feminino consolídase cada vez máis no liderado no grupo 2 da Segunda Galicia, agora con dous puntos de ventaxa co segundo clasificado, o Valadares. As xogadoras que dirixe Daniel Abelairas están completando unha tempada para o recordo onde consolidaron un bloque que destaca pola súa capacidade defensiva, sendo o mellor equipo nesta tarefa en ambos grupos da competición con só dez goles encaixados.

Líderes dunha liga moi axustada

Ten moito mérito a consolidación do Antas no primeiro posto da competición cos poucos puntos que hai de marxe entre os equipos da cabeza. As lucenses chegaron a ter cinco puntos de vantaxe, inda que unha derrota ante o Vilalonga B axustou o liderado a só dous. Inda así, son cinco os equipos que están a cinco ou menos puntos pelexando polo ascenso: Vilalonga a dous, San Roque Casablanca e Arenteiro a tres e a cinco o Vilalonga B.

Algo que xoga a favor do Antas é que o seu historial ante os equipos da zona alta. Gañoulle o ‘average‘ particular tanto ao Vilalonga B coma ao Rosalía, equipo que se descolgou un pouco da loita tras perder na última xornada ante o conxunto lucense por 0-2 cos goles de Jenny e Nuria. A victoria co San Roque Casablanca por 3-0 para pechar a primeira volta deulle unha gran vantaxe con ese equipo. Ante Arenteiro e Valadares colleitaron empates que van deixar todo por decidir de cara ao final de tempada cos encontros ante ambos equipos seguidos no mes de marzo.

O Antas, un muro defensivo

É de destacar o gran momento que vive o Antas no apartado defensivo. O grupo de xogadoras que dirixe Daniel Abelairas son o equipo menos goles encaixa de ambos grupos da Segunda Galicia. De feito, dos últimos cinco partidos que se disputaron, só encaixaron gol nun, inda que rematou en derrota por 2-3. Tamén tiveron unha gran xeira de resultados ao comezo da tempada na cal non encaixron en tres dos catro encontros de apertura.



Non habería un mellor final para este curso que voltar á Primeira Galicia despois dunha tempada na que se estableceron na media táboa da Segunda. Antes do seu descenso, o Antas estableceuse durante catro cursos consecutivos na Primeira Galicia, acadando coma mellor posición un séptimo posto. Inda que falta moito e encontros de moita dificultade, en Antas instálase a liberdade para soñar co ascenso.



O Antas pon a directa cara ao ascenso

CD Lugo, San Lázaro e Monte Forte

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *