#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Opinión

O anecdotario: O bigote introvertido, por Daviz Comor

Unha anécdota que se poda contar…? Que se poda contar… mmm, difícil… A de ir plantar un pino antes do quecemento e «romper fibras»? mmm non…, que coa de Viusky xa chegou pa historias de WC. Tendo en conta que isto pódeno ler nenos, redúcense moito as opcións. Pero aí vai.

Non recordo o ano nin a temporada. Polo 2000 e pouco, no meu paso polo RCV as ordes de Juan José Vila, que non se caracterizaba por ter un gran sentido do humor. As sesións de adestramento eran de mañá e tarde (eramos profesionais) e polo medio xuntabamonos para comer o típico plato de pasta e grazas. Despois a xente aproveitaba para botar a partida ou dar un paseo (eu era, e son, máis de SESTA). O caso é que o día dos feitos, incorporarase pola mañá un compañeiro novo. Miguel Cabarcos tiña a particularidade de que era xordo, aínda que tiña a habilidade de ler os beizos.

Pois ben, cando chegou a hora de comer, a situación de Miguel na mesa era con JJ Vila a súa dereita e con Luis Gorgoso a súa esquerda (creo lembrar). Entre plato e plato, JJ Vila aproveitaba para facerlle algunhas preguntas, que deron paso a esta conversa:

Daviz Comor (1º arriba esquerda) mantendo a distancia de seguridade prudente con Juan José Vila

(ATENCIÓN: as preguntas non as recordo, así que vounas inventar xa que non teñen relevancia na anécdota)



-JJ Vila: E logo que Miguel, es de Lugo?
-Miguel: (silencio, con cara de «comooorr?»)

Neste momento, entra en escena Luis Gorgoso, que lle dá un toque no ombreiro a Miguel. Este xírase cara a súa esquerda.

-Luis Gorgoso: Estache preguntando se es de Lugo.
-Miguel: Ah, si, si.



Seguimos comendo, e pouco despois continúan:

-JJ Vila: E logo que Miguel, ¿gustouche o adestramento?
-Miguel: (silencio, con cara de «what?»)

Momento no que volve entrar en escena Luis Gorgoso co toque no ombreiro.

-Luis Gorgoso: Estache preguntando se che gustou o adestramento.
-Miguel: Ah, si, si.

Seguimos comendo, e como non hai dúas sen tres, volve:



-JJ Vila: E logo que Miguel, gustouche a comida?
-Miguel: (silencio, con cara de ???)

E no momento no que Luis Gorgoso lle ía dar o toque no ombreiro por terceira vez, JJ Vila quentouse:

-JJ Vila: Pero que cara***, eu falo raro ou que pasa aquí?
-Daviz Comor: Igual o BIGOTE está interferindo na comunicación.

E aquí vou facer unha pausa. Lembro a Andrés Iniesta, falando do momento antes de enchufar o gol do mundial, que o describía algo así como que «escuché el silencio».

Volvemos da pausa.

Pois ben, iso foi o que me pasou a min nese intre, ESCOITEI O SILENCIO. Escoitei o silencio de todos os compañeiros na mesa mirando para min cos ollos coma pratos pensando «estás tolo», e esperando a que JJ Vila me executara. E pensei «merda, para unha vez que non pretendo facer un chiste e digo algo serio».

(ATENCIÓN SPOILER: Se estou contando isto no 2020 é que aínda non morrín)

Ao final, tras uns segundos de incerteza (que pareceron minutos), JJ Vila sorriu perdoándome a vida: «vale Deivid, apúntate una». Os compañeiros escacharon da risa e eu respirei.

Aínda hoxe podo ver a cara de JJ Vila cando fago un comentario serio, sen intención de facer un chiste (rara vez) e a xente se ri.

PD: Evidentemente, cando unha persoa ten bigote, faise mais complicado lerlle os beizos…lala…

Daviz Comor. Wedding Planner do CD Santaballés.

O anecdotario: O bigote introvertido, por Daviz Comor

Palabra de… José Manuel: «Retrincos de fútbol»

O anecdotario: O bigote introvertido, por Daviz Comor

Amor a dous toques: Chapa e Iván

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *