A historia empeza un venres despois de adestrar en Ribela. Como xa é habitual, decidimos ir tomar unhas cañas a algún bar dos patrocinadores do club. Ese venres sumouse á causa un xuvenil en medio de tanto veterano. E, como ben di o nome, aínda era xuvenil en determinados aspectos.
Despois de cinco ou seis rondas, o xuvenil xa case non daba bebido. E, por riba, metéuselle na cabeza acercarse con nós ata Lugo. Era o San Froilán… O traxecto ata Lugo non puido ser máis gracioso, co xuvenil cantando e bailando no coche. Cando chegamos á Cook, o citado xogador xuntouse co ‘Bicho’. Tomaron unhas copas e dous chupitos. Aí o ‘Bicho’ case deitou ao xuvenil. Despois de rematar esas dúas copas, acercámolo ata o centro e non soupemos nada máis del.
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/12/WhatsApp-Image-2021-12-22-at-22.19.53.jpeg)
O domingo no partido, mentres estabamos quecendo antes de empezar, apareceu o xuvenil cunha mala cara. Pregunteille que lle pasaba e contestou que a resaca aínda lle duraba desde venres. E que o sábado se tivera que acercar ao centro médico xa que non daba comido nin bebido cousa algunha.
Pensei que era importante contar esta historia nestas datas, xa que cómpre recordar dúas cousas. Que non vos xuntedes aos veteranos, a primeira. E a segunda e máis importante: O ‘Bicho’ sempre come con viño.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Por último, quería desexarlle a todos os que forman o fútbol lucense; unhas felices festas e un feliz ano 2022.
![Luca´s Grill](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2021/11/logolucasgrill2.png)
Julio Pepe Camba Chao. O teu barbeiro de confianza, afeitador de tibias. Defensa da Sarriana
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)