#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Primeira Futgal

O anecdotario: «As miñas ‘liadas’ mediáticas», por Miguel Gomes

Xa sabedes como son. E por se fose pouco, sempre me acaban pillando. Hoxe vou contar dúas anécdotas, dúas ‘liadiñas’ que quedaron ben rexistradas en foto e en prensa.

Era domingo, ía cunha pouca de resaca. Os que me coñecen, saben que é algo que pode pasar. Tocara un pouco de ‘liada’ con Carlitos, o que xogara ao fútbol sala. Eu, precavido de min, deixara a roupa lista e levantárame con tempo para ir xogar a Escairón. Súbome ao bus e o de sempre. Un pouco de cartas, contar as aventuras do día anterior, unhas risas…

Tumbeime alí un pouco. De esto que estaba alí tirado e levanteime, de súpeto, todo asustado. E dixen: «Buah, a roupa…». Comenteillo aos que estaban ao meu lado, que debían ser Jairo e Carlos.

A solución non era fácil, xa que soamente nos daban unha equipación a cada un e non había roupa de reposto. Insistinlles en que non dixeran nada para evitar unha multa criminal. Chamei ao delegado Celso. Pedinlle que viñera un momento alí sen que se enterase o adestrador.



O 17 de Escairón, uniformado á súa maneira. MELANIE DE LA FUENTE

-«Celso, Celso. Ti non terás unha equipación de sobra ou?».

-«Non», respostou.

Nese momento á xente veulle a risa e a min as suores. Non me quedou outra que avisar ao adestrador de que non tiña roupa. Buscamos onde puidemos medias, pantalóns… Todo era diferente, menos o pantalón que era negro. A camiseta era a de quentar, a do ano anterior, un pouco máis clara que a desta temporada en cuestión. O número era o 11, que xa o tiña outro compañeiro. Así que tivemos que armar algo… Pasei a ser o 17 cun pouco de esparadrapo! Daba un pouco de pena no campo. Por desgraza, houbo foto. E ata non sei se sería portada no xornal…



Pero esa foi unha historia mediática máis. Foi peor unha de tantas veces que apetecía pouco adestrar e había algunha invitación a aceptar pola Coruña, Santiago… Coincidiu unha Carballeira en Lugo. Borreime dicíndolle ao míster que non me atopaba moi ben. Ao día seguinte saín na portada do Progreso ou da Voz de Galicia. Eu co meu cubata na Carballeira… Ao final sempre me cachan!

Miguel, un home feliz. SONIA PALEO

O anecdotario: «As miñas ‘liadas’ mediáticas», por Miguel Gomes

Segue en directo as II Xornadas Futbolinlugo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *