#Fútbol afeccionado #Anecdotario #Segunda Futgal

O anecdotario: «A que armaches Toñito…», por Xavi Pellón

Isto ocurriu na miña época de xuvenís. Xa choveu! Estabamos no equipo do As Pontes, con xente de primeiro e segundo ano. A ‘pandilla’ dos amigos de alí. A temporada estaba case rematada. Quedábanos só un partido, que era alí polo mes de maio se non recordo mal. Iamos a Conxo, a Santiago, a cumprir un mero trámite. Xa estabamos salvados!

O día antes dese encontro era a coñecida ‘cea de COU, a graduación do Bacharelato. Quedamos o día anterior co correspondente traxe para sacar fotos, ir tomar algo antes da cea… O típico destas ocasións. Pois, tiñamos un amigo e compañeiro de equipo chamado Antón Bellas. Toñito xa viña ‘ameazando’, desde semanas atrás, sobre un peiteado especial para este día da cea. Era moi de falar e logo facer nada. Pero xusto ese día, cumpriu.

Chegou cun peiteado un pouco peculiar. O pelo todo cara arriba. E tinguido de azul. As risas e os ‘vaciles’ foron a tónica de toda a cea. Ao día seguinte quedamos nas Pontes para saír en autobús cara Conxo. Quen faltaba? Toñito!

Aquel equipo xuvenil do As Pontes

Cando chegou, a sorpresa foi aínda maior. Baixouse do seu coche. E o seu pelo xa era de diferentes cores. Un arco iris en toda regra. Vese que a tintura non era de boa calidade!



Xavi, co seu Xermade

Aparecemos en Conxo despois dun viaxe cheo de ‘vaciles’. E estaban alí os rapaces rivais agardando fóra para xogar. Cando viron a Toñito, empezaron a cuchichear, rirse polo baixo… O pobre tivo que xogar todo o partido, de lateral dereito. Non foi o seu mellor día pero gañamos 0-1.

Toñito aínda tardou varios días en recuperar o seu pelo habitual. Non daba sacado ese arco iris da cabeza con champú ou loción algunha. Pero foi unha fin de semana de risas, todo hai que dicilo!

Xavi Pellón Rey. Unha auténtica institución por Xermade



O anecdotario: «A que armaches Toñito…», por Xavi Pellón

O partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «A que armaches Toñito…», por Xavi Pellón

O Polvorín recupera o liderato en Terceira

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *