#Anecdotario #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

O anecdotario: «A premonición de Gil», por Borja Rasilla

Era cadete de segundo na Residencia. Eramos un grupo de amigos adestrados por Mosquera. E estiveramos loitando polo descenso ata o final de todo. Na antepenúltima xornada xogabamos no campo do Deportivo. Eles se gañaban eran campións. Nós necesitabamos sacar algo para seguir xusto por enriba do descenso.

Perdiamos 1-0 ante o Deportivo do meu mellor amigo de toda a vida David Elías. No desconto, tivemos un córner. Un grandísimo premio despois de non ter chegado case nada e eles desperdiciar moitísimas ocasións… O típico.

Pois ben, nese saque dende o curruncho; tireime. O árbitro pitou penalti. Collín o balón, lancei e parouno o porteiro. Nada máis tiralo, o colexiado sinalou o final. Entrei ao vestiario cun cabreo considerable, rompendo algo que nin recordo o que. O preparador físico Gil entrara case comigo, que fora o primeiro en chegar a cambiarme. Tratou de animarme, quitándolle ferro ao asunto. E engadiu: «O próximo día metes catro».

O seguinte partido era contra o Maravillas na Cheda. Debían estar tamén pelexando pola permanencia. Se sacabamos os tres puntos, a salvación era nosa. Non recordo se asinaramos un 4-0 ou un 4-1. E si, metín os catro. E salvámonos! A premonición de Gil…



Borja Rasilla Corral. Talento para a medular da Residencia. ADN branquiazul

O anecdotario: «A premonición de Gil», por Borja Rasilla

O Partido Fisioterapia Ronda . . .

O anecdotario: «A premonición de Gil», por Borja Rasilla

O Polvorín achégase ao liderato nunha xornada

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *