Mochuelo, adestrador do Oural

Mochuelo (Oural): «Funcionamos en base ao cariño ao club»

O Oural comeza unha tempada na que cambia o rumbo do seu proxecto. Tras o gran paso de Negrete, chega o turno de que outra das persoas que sinte o clube. Mochuelo comezará o seu proxecto este domingo na Primeira Futgal ante o Castro nun encontro que servirá como a primeira pedra para o seu novo equipo. O obxectivo é o de ir partido a partido, pero o que realmente se busca é conxuntar a todo o grupo en torno ao profundo sentimento de pertenza ao club.

Futbolinlugo: Volta a casa a un club no que fuches xogador e directivo. Como te sintes coa túa nova faceta?

Mochuelo: «Síntome moi cómodo. Seguía no Oural vendo partidos e axudando incluso en adestramentos. Si que tiña a curiosidade de como sería adestrar á xente coa que compartín vestiario tantos anos, pero nese sentido todos teñen un comportamento de dez cun gran traballo e asistencia aos adestramentos».

FIL: Deuche algún consello Negrete para afrontar o cargo?

M: «Paciencia (risas). O consello é intentar manter un grupo unido de compañeiros. Somos un club moi humilde no que conseguimos durante moitos anos ser moi bon equipo. Foi unha tarefa na que Negrete incidiu moito e que axuda cando veñan mal dadas e fan que as desfrutes máis cando todo vaia ben».

FIL: Nesta tempada tedes baixas duras como a de Fran pero tedes un grupo moi novo que xa leva varias tempadas no club, como os Diego Arias, Cayuela ou Goyanes. Como ves aos rapaces que agora van ter que ser líderes?

M: «Somos un grupo que destaca pola súa xuventude. Temos unha plantilla moi longa na que moi poucos superan os 30 anos. Os novos teñen que dar un paso e estou moi tranquilo porque moitos teñen un cariño especial ao club e algún xa forma parte da directiva. Temos que unir a todas as incorporacións para que aporten a seguir sendo competitivos».

FIL: O Oural é un equipo especial polo seu gran sentimento, o que agora estades intentando introducir aos novos xogadores.

M: «Temos que darnos conta de que somos un club humilde nunha liga moi difícil con clubs moi asentados que teñen base e que son moi grandes. No Oural funcionamos en base a que a xente que veña colla cariño a club, que se queden, e que veñan para querer competir. Estámolo facendo ben nese sentido porque a gran parte deles mantéñense, polo que estamos moi contentos».

«O Oural ten que subir a competitividade para dañar aos grandes»

FIL: Estamos ante unha Primeira Futgal moi esixente. Como ves a competición?

M: «É moi bonita, interesante, competitiva e dura. Non vexo equipos inferiores ao nivel e vai haber unha gran loita na zona baixa. Por arriba, haberá proxectazos como Ribadeo, Chantada, Foz, Castro ou Residencia que van ser moi grandes. Temos que subir a competitividade para poder facerlles daño».

FIL: Onde situades o voso obxectivo nesta tempada

M: «A min non me gusta poñer obxectivos, pero o principal do Oural é a permanencia. Eu enfocome en ser competitivo e intentar corrixir a irregularidade que tivemos en moitos momentos da pasada tempada. Se o facemos, eu creo que podemos conseguir aumentar a nosa cantidade de puntos. O ano pasado, pecamos tamén de novatos e agora temos máis conciencia de en que categoría xogamos».

Mochuelo (Oural): «Funcionamos en base ao cariño ao club»

Diario dun mercado. Episodio 499

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *