Rematou a competición regular dos Máxicos. A Primeira Galicia correspondente á 23/24 puxo o punto final coa SD Pol no primeiro posto e cos descensos de Guitiriz, Riotorto e Portomarín. Tan só resta coñecer que equipo dará o salto de categoría na promoción de ascenso: SD Chantada ou Atlético Escairón.
A SD Chantada imponse na Veiga e confirma a súa presenza na promoción (1-5). Fixeron os deberes os chantadinos diante dun Riotorto que xogou con 11 xogadores xustos, aínda que Coedo presentaba unha lesión, ao igual que Pablo Vivero. Os Máxicos de Traste aproveitaron a situación para dominar o coiro e ter o control do partido. O resultado no minuto 18′ xa era de 0-4 e, aínda que os locais competiron ata o último intre, a SD Chantada acadou unha cómoda victoria que lles da o terceiro posto na liga regular.
O Xove Lago é mellor nas áreas de Cerdeiriños (2-4). Choque moi divertido para o espectador neutral, con ambos conxuntos cos deberes feitos e propoñendo un xogo alegre. Carlos fixo o 0-1 cun gran gol e, pouco despois, Jorge acertou nun man a man para poñer o 0-2. Xa na reanudación, Samu fixo un golazo que puxo o 0-3 e, pese a que Antas recurtou diferenzas co 1-3, Juanjo anotou o 1-4 que se antoxaba definitivo. Burgo maquillou o resultado co 2-4, pero os tres puntos marcharon cara Xove.
Santaballés e Foz regalan espectáculo na Liga (4-3). Os mariñáns foron mellores nas áreas nos primeiros 40′ minutos, pois anotaron dous tantos que os mantiñan por diante. Porén, o Santaballés recurtou diferenzas antes do descanso e empatou cun penalti á volta dos vestiarios, 2-2. Cando máis parello estaba o choque, Dani desfixo a igualada co 3-2 e, pouco despois, os chairegos fixeron un 4-2. Pese a remontada, os Máxicos de Gayol non lle perderon a cara ao partido, anotaron o 4-3 e estiveron a piques de empatar na recta final do último partido ligueiro da temporada, no que os puntos quedaron na Liga.


O Guitiriz despide a categoría ante o campión Pol (1-3). Logo dunha primeira parte na que o Guitiriz errou dúas ocasións clarísimas, Saúl puxo o 1-0 no primeiro minuto do segundo tempo. Porén, Iván González fixo reaccionar aos Máxicos do seu equipo e anotou dous goles (o primeiro, cunha gran vaselina) para dar a volta ao electrónico. Finalmente, Julio Camba puxo o definitivo 1-3 nunha falta lateral para pechar unha boa temporada dos seus e unha gran segunda volta do Guitiriz, aínda que insuficiente para manter a categoría.

O Atlético Escairón entra na promoción ao superar á Milagrosa (4-0). Os de Frigsa chegaban ao Saviñao sen nada en xogo e os dous goles de Rubén antes do descanso decantaron o choque a prol dos Máxicos locais. Porén, os albivermellos protestaron unha pena máxima na e, ademais, reclamaron un gol legal cando o marcador era aínda de 1-0. Aínda que no segundo tempo houbo alternativas para ambos conxuntos, foi o Escairón quen anotou dous tantos (David e José María) máis recta final para deixar os puntos na casa e garantir a súa presenza na promoción de ascenso.
O Taboada remonta ante un bo Lourenzá (3-1). Os Máxicos visitantes constataron o seu dominio no primeiro tempo co gol de David (0-1) co que se chegou ao descanso, pero dous minutos de gloria do Taboada (e de Migui) mediado o segundo tempo puxeron o 1-1 e o 2-1. Finalmente, Ibán puxo fin a súa traxectoria de 27 anos no club da Medela cun tanto desde os once metros que supuxo o 3-1 definitivo.

O Meira empata ata dúas veces ante o Outeiro de Rei (2-2). Choque con moitas alternativas na Lomba entre dous cadros sen presión competitiva. O Outeiro foi mellor na primeira metade, sobre todo tras o gol de Veiga no 3′. Non foi ata o segundo tempo cando Farra empatou e, cando Navia fixo o 1-2, tampouco tardou en chegar a reacción local co 2-2, obra de Santi Marín. Nos últimos intres, o Meira buscou o fito e puido anotar o terceiro, pero finalmente houbo reparto de puntos entre dous equipos que asinaron unha gran temporada.
O Guntín supera con claridade ao Portomarín (0-7). Aos Máxicos do Chao da Poza fíxoselles moi longo a temporada e, aínda que no paso por vestiarios o marcador era de tan só 0-1, o Guntín dominou con moita claridade na segunda metade e anotou seis goles que non deron opción ao cadro local, que militará a vindeira campaña na Segunda Galicia.
O Burela remonta diante do Chantada Atlético (3-1). Fixéronse notar as baixas dos chantadinos, que compretaron a convocatoria con rapaces do filial. Aínda así, Brais fixo o 0-1 e o Chantada Atlético puido anotar algún tanto máis nun primeiro tempo no que o Burela tamén gozou de numerosas oportunidades. Os Máxicos de Luchi reaccionaron ben tras o descanso e, logo do empate de Deán, o xogo volcouse sobre a meta defendida por Ivi e os mariñáns anotaron dous goles máis (3-1) e ata erraron unha pena máxima, acadando un resultado que finalmente non lles valeu para entrar na ansiada fase de ascenso polos resultados do Saviñao e da Veiga.
Máxicos salvatierra abogados
