#Primeira Futgal

Máxicos Luca’s Grill. Xornada 6

máxicos

Nova demostración de calidade dos nosos Máxicos.

San Cipirán 0-3 SD Chantada: un gran gol de Joserra no 12′ puxo o partido de cara para uns visitantes que dominaron toda a primeira metade, e froito diso conseguiron o 0-2 xusto antes do descanso. O Sanci adiantou as súas liñas na reanudación, pero un bo contragolpe da SD matou o partido na Veiga, 0-3.

Pol 5-0 Antas: dominio do Pol ante unha SD Antas á que lle está custando adaptarse á categoría. Un tempraneiro gol de Diego puxo as cousas de cara para os locais, que xa mandaban por 5-0 no minuto 32′. Os visitantes, porén, asinaron unha segunda parte moi digna e pelexaron ao longo dos 90′.

Xove Lago 1-0 Pastoricense: un solitario tanto de Maikel desde os once metros deu a victoria ao Xove ante un Pastoricense ao que se lle resiste a victoria. O choque estivo igualado, con opcións para os dous equipos, pero un penalti mediado o primeiro tempo permitiu aos locais poñer o 1-0. Pese a que o lanzador errou o disparo, o colexiado mandou repetir o disparo e á segunda foi a vencida. No segundo tempo, o Xove mantivo a renda pese aos intentos que fixeron os visitantes para lograr o empate.



Escairón 3-1 Burela: partido bonito no Municipal, con bo xogo e protagonismo de ambos equipos con balón. Jairo fixo o 0-1 ao filo do descanso para os visitantes. O Escairón saiu dos vestiarios na procura da remontada e, en quince minutos, conseguírono con goles de Miguel, Félix e Adri Armesto. O 3-1 mantívose no electrónico ata o final do choque.

Riotorto 1-1 Sporting Pontenova: vibrante derbi na Veiga, no que os visitantes comezaron mellor e dispuxeron dun penalti para adiantarse. Porén, Harry salvou ao Riotorto cunha gran parada. Aínda así, o Sporting se adiantou nunha contra ao comezo do segundo tempo. Os locais avanzaron as súas liñas e conseguiron o empate por medio de Coedo pouco despois. A choiva condicionou os últimos intres dun choque que rematou con empate a un gol.

Foz 3-0 Lourenzá: un córner a prol dos locais traduciuse no 1-0, nunha acción desafortunada para o ‘Atleti’. A partires de aí, os visitantes levaron o peso do xogo, mentres que o Foz buscaba acción rápidas e desequilibrantes para facer dano á defensa do Lourenzá. De feito, dous bos ataques traducíronse no 2-0 e no 3-0 que sentenciaron o choque.



Outeiro de Rei 1-2 Castro: derbi chairego marcado polas condicións atmosféricas e a lama do terreo de xogo. Logo dunha primeira parte marcada polo fútbol directo e as disputas, o Castro provocou un penalti no 66′ que se traduciu no 0-1. Pouco despois, Veiga empataba para os locais, pero unha boa acción dos visitantes converteuse nunha nova pena máxima que Juanma volvía transformar para facer o 1-2 definitivo.

Chantada Atlético 3-1 Santaballés: foi mellor o Chantada ao longo dos primeiros 45 minutos, e froito do bo xogo local, o marcador era de 2-0 no descanso. Na reanudación melloraron os chairegos, que fixeron o 2-1 no 77′. Porén, un gran gol de falta de Anxo Otero pouco despois foi a sentencia, 3-1 no Sangoñedo.

Monterroso 2-2 Taboada: vibrante derbi en Cerdeiriños no que o Taboada foi máis incisivo ao longo da primeira metade. Os visitantes chegaron cunha renda de 0-2 ao descanso, pero os trocos serviron ao Monterroso para dar un paso adiante, recurtar diferenzas e empatar nos intres finais. O Taboada agardaba contragolpes dos que non gozou, mentres que o Monterroso tivo opcións para levar os tres puntos.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *