Os Máxicos aínda agardan campión
-
- 0
- 5min de lectura
Os Máxicos Salvatierra ultiman as súas opcións en cada unha das loitas que se están a librar na provincia.
A SD Chantada domina e somete ao Foz (8-2). Os Máxicos locais levaron a iniciativa desde o comezo e, aínda que o Foz igualou cun gol olímpico de Chao o tanto inicial de Michi, os chantadinos non deron máis opcións aos mariñáns e o resultado ao descanso xa marcaba un contundente 5-1. Na segunda metade, xa co ritmo moito máis baixo, os focenses recurtaron diferenzas, pero a «SD» anotou tres tantos máis para pechar o marcador.
O Monterroso non da opción a un San Lázaro ao que se lle fixo moi longo o ano (7-0). Foi un partido sen historia en Cerdeiriños: tres goles locais antes do descanso e cinco máis ao longo do segundo tempo deixaron os puntos no feudo monterrosino diante dun San Lázaro que amosou, unha semana máis, a necesidade que ten de poñer punto e aparte a este curso deportivo.
O Meira remonta diante do Outeiro (2-1). Aínda que os Máxicos chairegos levaron a iniciativa no primeiro tempo, o xogo directo impúxose ao longo de todo o choque. Nunha das primeiras xogadas do partido, Navia aproveitou un segundo balón para facer o 0-1. Porén, os Máxicos locais medraron co paso dos minutos, por medio de faltas que pecharon ao Outeiro no seu campo. Un centro lateral rematado por Marín converteuse no 1-1 xa á volta dos vestiarios e, na recta final, Farra transformou un «tixeretazo» logo dun rexeite para desatar a tolemia e deixar tres puntos na Lomba para soñar coa permanencia.
O Taboada é mellor que o Pastoricense nas áreas (4-1). Os Máxicos locais aproveitaron moito mellor que os visitantes as súas oportunidades e, de feito, o marcador ao descanso era de 2-0 a prol dos de Martín Murado diante dun cadro visitante que errou unha pena máxima co 1-0 no marcador. O Pastoricense procurou a remontada e Kanuto puxo o 2-1 no 80′, pero o Taboada golpeou de novo, con dous goles de Elías, para pechar un choque no que se impuxo o equipo máis efectivo.
O Guntín gaña en Xove na recta final (0-2). Era un dos duelos sobranceiros da semana, por enfrontarse dous equipos revelación. Os Máxicos mariñáns buscaron as súas opcións cun xogo moi vertical, mentres que os laranxas procuraban combinacións longas. Non foi ata os últimos dez minutos cando o resultado se inclinou cara o lado dos visitantes, cun gol de Mateo Celeiro —xogador All Star no 2024— e a sentenza de Borja co tempo cumprido.
O Castro mantense na promoción logo de gañar ao Lourenzá (3-1). O Castro empezou moi ben, co gol que supuxo o 1-0 e con varias ocasións claras nos pés de Buide (os locais reclamaron penalti) e Iván González, pero o Lourenzá aproveitou un erro chairego para empatar antes do descanso. Porén, un pase vertical de Marino para Iván e un posterior centro rematado por Marco supuxo o 2-1 á volta dos vestiarios, e o propio Iván pechou o choque nun contragolpe, 3-1 no Arturo Pereiro.
A Residencia mantén viva a loita polo título no Oural (2-6). Os branquiazuis saíron moi intensos para evitar sorpresas no Luis Pallín, e dous goles de Rois puxeron por diante aos da Cheda no comezo. O Oural recurtou diferenzas antes do descanso, pero unha segunda parte moi seria e efectiva dos Máxicos —entre os que destacou Rois, autor dunha tripleta— de Rafa Casanova valeulles para ampliar a renda ata o 1-5. Tourón puxo o 2-5 e Calderón pechou o marcador co 2-6 final.
O Chantada Atlético gaña na Liga (0-1). Os Máxicos locais foron dominadores do balón ao longo do primeiro tempo, pero non estiveron atinados no último terzo do campo e erraron ocasións claras, especialmente unha da que dispuxo Vérez. Na segunda metade, os chantadinos deron un paso adiante e o partido abriuse moito, con alternativas para ambos conxuntos. Foi un saque de esquina no 85′ o que inclinou a balanza a prol dos Máxicos de Fer Corredoira, que aproveitaron o rexeite para poñer o 0-1, que se tornou definitivo.
Ao Burela tan só lle resta un punto logo de gañar ao Racing Villalbés ‘B’ (5-1). As baixas condicionaron ao filial chairego diante do líder, que quixo deixar os deberes feitos na primeira metade, e así foi. Deán aproveitou unha transición para poñer o 1-0 cun disparo cruzado, David Ben fixo o segundo logo de recibir entre liñas e Jairo Campo asinou o terceiro antes do descanso. Na segunda parte, os Máxicos chairegos subiron a intensidade e recurtaron diferenzas nun contragolpe, pero os mariñáns reaccionaron rapidamente cun centro lateral e cunha boa combinación dentro da área, 5-1.
A Milagrosa agárrase á categoría ante o Erizana (1-0). O cadro albivermello fixo bon un gol en propia meta dos pontevedreses no 4′ para sacar tres puntos de ouro no Gorgoso. O bo facer defensivo do cadro de Madriles valeulles aos Máxicos lucenses para manter a súa boa dinámica e depender de si mesmos na loita pola permanencia a falta de dúas xornadas para poñer punto e final á temporada 24/25.