Os Máxicos teñen seis xornadas para acadar os obxectivos

Os Máxicos da Primeira Futgal achéganse ao final de temporada con todo en xogo. Antes do parón de Semana Santa, Monterroso e Ribadeo non fallaron, mentres que Iberia, Lourenzá e Chantada Atlético chegan en postos de descenso ao parón.

O Monterroso supera a unha Milagrosa amolada (3-0). O vento a favor deu aire aos de Cerdeiriños na primeira metade. O primeiro chegou nunha pena máxima en torno ao 15′ e o 2-0 nunha acción peinada que rematou Quintá á perfección. A Milagrosa igualou as forzas no segundo tempo e co aire ao seu prol, pero non foi quen de perforar as redes locais. O Monterroso sentenciou xa co tempo cumprido, 3-0.

O Guntín gaña en Taboada para asegurar a tranquilidade (0-2). No primeiro tempo os visitantes tiveron o dominio da posesión, pero o Taboada fixo dano con contragolpes que non foi quen de definir. Na segunda metade, a calidade do cadro laranxa fíxose notar e, en dous ataques verticais, fixeron dous goles que deixaron mermados aos Máxicos locais. Ao final, os puntos marcharon cara o Ladairo.

O Brollón empata en Allariz na xornada de venres (1-1). Os Máxicos ourensáns tiveron o dominio do coiro, pero apenas gozaron de ocasións diante dunha boa versión do Brollón. Co paso dos minutos, os lucenses gañaron presenza en campo rival e Isma fixo un golazo para desnivelar o electrónico (0-1). Porén, a mala sorte cebouse co cadro de Chura na recta final, cando o propio Isma anotou un gol en propia meta para repartir os puntos no Seixo.

Houbo empate a ceros no derbi entre Máxicos mariñáns (Xove-Foz)

O Lourenzá saca tres puntos de ouro ante o Santaballés (1-0). Houbo moita intensidade e poucas ocasións na recta inicial, pero o «Atleti» aproveitou unha falta lateral para facer o 1-0. Julián foi o máis listo e aproveitou o rexeite para o gol. Na segunda metade, os Máxicos chairegos adiantaron as súas liñas e arriscaron. Tras sufrir a expulsión de X, o Lourenzá serviuse da superioridade para transitar, pero Luis errou na máis clara do segundo periodo. O Santaballés, que quedou con nove xogadores na Santa Cruz, tivo unha clarísima no engadido, pero non anotou e os puntos quedaron na terra das fabas.

Empate que deixa a todos insatisfeitos no derbi mariñán (0-0). Tanto Foz como Xove querían os tres puntos, aínda que foron os Máxicos focenses os que tiveron máis presenza en campo rival na primeira metade. Os de Piru puideron adiantarse, porén, cun disparo lonxano mediado o primeiro tempo. Tras o paso por vestiarios, o Foz deulle unha marcha máis ao xogo e errou dúas oportunidades claras diante dun Xove que o intentou, pero que acusou o esforzo defensivo e non chegou á área rival coa suficiente frescura para anotar. Ao final, 0-0 nun Municipal cheo e cun gran ambiente de fútbol mariñán.

Remontada in extremis do líder para acariñar o ascenso (2-1). Chegou o Escairón ao Sangoñedo cunha proposta defensiva moi sólida e, as poucas veces nas que a SD Chantada cruzou as liñas rivais, Parapar detivo con sobriedade os disparos. Na segunda metade, os Máxicos do Saviñao fixeron o 0-1 cun disparo que entrou pola escadra logo dun rexeite na zaga local. Nese intre, os de Traste tiraron de orgullo e acumularon numerosas oportunidades: Tino fixo o 1-1 no 78′ e, menos de 10′ despois, Kadete enviou ao fondo das mallas un balón parado para achegar á SD Chantada á Preferente.

Gran victoria do Oural ante o filial do Racing (2-1). O vento e o estado do céspede condicionaron un choque no que os sarriáns se mostraron máis efectivos, especialmente no primeiro tempo, cando Marco aproveitou un balón peleado por Marco para poñer o 1-0 de vaselina (era o 2′ de xogo). Os Máxicos chairegos erraron moito nos primeiros 45′, e tras a reanudación levaron o peso do partido, pero non acertaron cos disparos.

O Oural puxo o 2-0 nun saque de esquina co tempo case cumprido, pero o Racing recurtou diferenzas cunha pena máxima e puido empatar no engadido cun remate de cabeza a bocaxarro. Ao final, os puntos quedaron no feudo cementeiro, 2-1.

O Ribadeo supera con suficiencia ao Chantada Atlético (4-0). Aínda que os Máxicos chantadinos tiveron a primeira ocasión clara do partido nun man a man, os mariñáns colleron o pulso do partido paseniño e fixeron o 1-0 nunha das súas primeiras chegadas. Ao comezo do segundo tempo, o Ribadeo fixo dous goles moi rápido que sentenciaron o choque ante un Chantada Atlético que competiu ata o asubío final, pero sen opción a sacar nada positivo no Pepe Barrera.

O Outeiro despégase do descenso a costa do Iberia (2-1). O Iberia agardou en bloque baixo aos Máxicos chairegos ao longo da primeira metade. Nesas circunstancia, o Outeiro estaba cómodo co balón pero non xeraba oportunidades claras. Tras o paso por vestiarios, o Iberia estirou as súas liñas e os de Corredoira anotaron o 1-0 nun balón parado que rematou Lucas.

O partido foise rompendo co paso dos minutos e, froito da insistencia, os Máxicos mariñáns fixeron o 1-1 no tempo engadido, tamén tras unha acción de balón parado. Porén, unha falta lateral a prol do Outeiro xusto despois supuxo o 2-1 nunha gran acción de Juan, que aproveitou o rexeite para desfacerse da súa marca e definir ante o gardamallas visitante.

O Castro aprovéitase dunha mala versión da Residencia (0-1). O gol de Dani Díaz coa testa cando se cumpría o cuarto de hora de xogo deu tranquilidade ao Castro fronte a unha Residencia que tivo unha gran oportunidade antes do descanso, pero Josema estivo atinado baixo paus. Na segunda metade, e pese á expulsión que sufriu Pedro para os Máxicos vermellos, a Residencia non foi quen de romper o tecido defensivo visitante e deixou escapar os puntos do seu feudo, 0-1 a prol dos chairegos.

máxicos

Os Máxicos teñen seis xornadas para acadar os obxectivos

O Pol e o Lemos queren o