Maxi Levrand, da Sarriana

Maxi Levrand (Sarriana): «O vestiario está mellor que nunca»

A Sarriana foi o equipo que abriu o regreso das ligas de cara ao 2026. Ademais, os de Dani Giménez fixérono pechando a primeira volta da Segunda RFEF cunha vitoria ante o Bergantiños por 1-0 na Ribela, a primeira no seu feudo desde que o técnico vigués colleu os mandos. Lográrono grazas á estratexia, xa que Maxi Levrand rematou o centro de Berardozzi para facer o único tanto. Unha fórmula que xa repetiron ante o Langreo.

O central arxentino entrou pisando forte na categoría coma un dos capitáns do conxunto sarriao. Xunto a Iago Parga, forma unha das parellas de centrais que están nun mellor estado de forma do campionato. Maxi pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do anterior encontro, a boa primeira volta do equipo e a melloría colectiva.

Entrevista a Maxi da Sarriana

Encontro ante o Bergantiños: «Foi emocionante para min e para o equipo porque viñamos dunha xeira algo negativa. Consseguir eses tres puntos ante un equipo que está en play off alegrounos moito, sobre todo polo traballo que vimos facendo. Buscámolo e non o atopamos ata o final».

Primeira volta do equipo: «A verdade é que non. Desexábamolo pola permanencia, pero nunca pensei en ter unha marxe de seis puntos co posto de play out. Agora temos que seguir nesta liña para poder pechala».

Melloría do equipo: «Estamos mellorando no traballo. Desde a chegada de Dani Giménez fomos a máis. Houbo resultados que non se deron, pero co traballo van chegar seguro co paso do tempo».

Unión do vestiario: «Estamos nun momento onde estamos mellor que nunca. O grupo da Sarriana é moi bon e demóstrano cada día. Xa os que logramos o ascenso formabamos un gran equipo e as novas incorporacións entraron co pé dereito».

Foto de Alba Arias.