Sangil, á esquerda, presidente da Sarriana

Manuel Sangil (Sarriana): «Levamos toda a ilusión para gañar»

A Sarriana vivirá este domingo a partir das 19.00 horas un encontro no que farán historia en dúas facetas. Primeiro porque será a primeira vez que disputarán unha eliminatoria nacional de ascenso dende a Terceira RFEF a Segunda RFEF e segundo porque será o seu primeiro encontro fóra das fronteiras galegas. O rival será o Pulpileño, equipo almeriense que xoga no grupo murciano da categoría e que destaca polo seu gran nivel defensivo.

Aos mandos do proxecto sarriao está o seu presidente Manuel Sangil, que foi quen acadou baixo o seu mandato chegar á Terceira RFEF. O mandatario pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a conversa trataron o momento histórico do clube, a eliminatoria ante o Pulpileño, e a ilusión da afección.

Fito histórico«Para nós é unha novidade facer unha viaxe na que cruzamos de punta a punta o país. A infraestrutura do club non está preparada e leva as súas complicacións e preparativos. Levamos toda a ilusión e a moral para traer un bo resultado».

Valoración da tempada«Esta tempada tivo o tema dos adestradores coas marchas de Jaime Paz e Guille Oriol. Con José Antonio estbilizouse o tema e o equipo mellorou moito, sobre todo a nivel defensivo onde penso que demos un paso cara adiante».



«A Sarriana vai ser un embaixador da vila»

Apoio da afección«A xente está moi enchufada. Moitos están reservando hoteis e viaxes a Almería. É un acontecemento histórico para toda a vila e a Sarriana vai ser un embaixador moi potente de todo o que pode aportar a vila».

Manuel Sangil (Sarriana): «Levamos toda a ilusión para gañar»

O sábado, de Copas na provincia

Manuel Sangil (Sarriana): «Levamos toda a ilusión para gañar»

Diario dun Mercado. Episodio 465

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *