O Racing Vilalbés está inmerso plenamente na loita polo ascenso directo da Terceira RFEF xunto a UD Ourense e Sarriana na súa primeira tempada tras o seu paso pola Segunda RFEF. Un dos grandes líderes do equipo é Make na que é a súa decimocuarta tempada como xogador do conxunto chairego. O centrocampista natural de Vilalba deslumbrou nas últimas xornadas tras marcar un doblete espectacular na vitoria ante o Valadares por 4-1 e é a gran referencia do equipo na creación de xogo.
Futbolinlugo: Estás nunha gran forma esta tempada é unha evidencia foron os dous golazos contra o Valadares da antepenúltima xornada.
Make: Eso foi unha casualidade, hai que metelos pero foi unha circunstancia. Eu co gol de volea cando a encganchei flipei co ben que ía e de feito o porteiro non a viu. Saíu perfecta e logo no outro fun a asegurar co interior e foi moi ben colocada. Ao mellor nun adestramento pillas unha semellante pero eu non son Modric para chutar todas así. De feito, había moita broma na grada porque se quentaban porque non fora a polo terceiro.
FIL: Eses goles contribuiron a unha xeira de resultados que fai que inda non coñezades o que é a derrota no que vai de ano. Como está o equipo?


M: A categoría está moi bonita pola igualdade que hai, sobre todo na zona baixa. Ningún equipo está descolgado é fai que sexa moi complicado. Na zona alta levamos unha xeira moi boa pero tanto Sarriana coma Ourense non fallan. Estamos competindo moi ben e estamos sacando con solidez os encontros na casa. Fóra temos máis problemas, pero logramos sacar puntos coma no empate ante o Vilalonga que ao final daranos moita vida.
FIL: Cal é o voso obxectivo esta tempada?
M: Estamos loitando por algo fermoso e penso que se na casa somos fiables podemos chegar aos últimos partidos con opcións de todo. Temos que ir partido a partido ata o final da tempada, que inda queda o máis importante e necesitamos a regularidade. O noso principal obxectivo é entrar no playoff e agora só queda loitar por todo o posible.

FIL: Levas case toda a túa carreira no Racing Vilalbés e viviches o anterior ascenso á Segunda RFEF. Hai algo do equipo deste ano que che recorde ao que ascendeu?
M: Temos moitas similitudes, sobre todo na fiabilidade defensiva. A diferencia é que a segunda volta daquel equipo foi peor de o que estamos facendo agora. Solventámolo cun grupo magnífico e este ano tamén temos esa fortaleza cun cadro amplo no que todos somos partícipes do que estamos facendo. Ser un equipo é un factor que de cara ao tramo final da tempada dá moito e que no ascenso do Racing Vilalbés de hai dous anos foi un factor importante.
FIL: Parece que a cousa vai ser de Racing Vilalbés, UD Ourense e Sarriana na loita cara ao ascenso e inda vos tedes que enfrontar os tres equipos entre vós, onde pensas que pode estar a chave do ascenso?
M: Estamos tres pero todo pode cambiar cunha dinámica mala que faga que te descolgues. Estamos moi parellos e ninguén falla, pero nós temos que continuar partido a partido. Non será ata os últimos cinco encontros nos que se saberá quen vai estar na loita pero agora tócanos pensar no Somozas. Non me gusta falar de poder ser campións cando inda falta moito. Temos que continuar con moita humildade e coa mesma mentalidade. Ao final nos estamos nun ano de moitos cambios tras o descenso e estamos loitando por algo moi bonito. Tamén a tempada vai estar determinada porque todo o mundo vai apretar no final, equipos coma Somozas, Boiro ou Arteixo van apretar moito e todos os da zona baixa van ser rivais moi duros.
