O Lugo B celebra a súa vitoria

O Lugo B dálle a volta á Terceira RFEF

Poucas veces o Trío de Ases o Cantón viron como un equipo, o Lugo B neste caso, xiraba completamente o guión de toda a competición. Os de Dani Galán derrotaron a todo un Compostela que xa está igualado a puntos co Arosa na Terceira. Outros dous que deron un golpe sobre a mesa foron o Lemos e o Pol tumbando a dous dos favoritos das súas ligas. Ademais, Racing Villalbés e Sarriana conseguiron un bon punto e os dous da Mariña caeron derrotados.

O Lugo B completa unha machada

O Lugo B fixo un encontro moi completo que lles permitiu gañar por 1-0 a todo un Compostela que xa empata a puntos co Arosa. Era o día sinalado para romper unha mala xeira e os de Dani Galán fixeron todo perfecto para acadalo. A primeira parte tivo un dominio claro do filial albivermello, que saía ben da presión e conseguía combinar no último terzo. A máis clara un disparo central de Pascu na que Álex Cobo, que tivo que actuar varias veces, fixo unha gran parada.

A clave era a efectividade e na última xogada do primeiro tempo Unai Peón estivo a piques de marcar, pero sacouna Buide. Xusto despois do descanso, unha xogada perfecta dos lucenses rematou cun man a man onde Mateo Dean abriu o marcador. Puido chegar o segundo con outra xogada das que se ensinan nas escolas, pero Álex Cobo mostrou todas as súas capacidades para repelir o disparo de Noah. Tocou sufrir un pouco no final, pero o Lugo B sacou unha vitoria necesaria e soñada por como se deu.

O Pol sorprende ao gran favorito

Non hai un equipo en toda a Preferente Norte que leve máis vitorias que o Pol neste momento. Nesta ocasión, asaltaron o García Calvo para vencer ao Negreira por 1-2. Os chairegos abriron o marcador grazas á estratexia no minuto 17. Pablo Rey puxo unha falta perfecta para o remate de Julio Camba, que desnivelou o electrónico nunha primeira metade caracterizada por unha gran igualdade entre ambos conxuntos.

O Negreira deu un paso adiante, pero o Pol foi quen de facer o segundo no 55. Álvaro e Marco combinaron e atoparon a David, que fixo o segundo tanto. O Negreira non o poñería fácil, e nun centro lateral que se envelenou recortaron a distancia. Incluso houbo un penalti no desconto, pero Javi Liz detívoo para levar os tres puntos. Parecía moi difícil hai cousa de mes e medio, mais cos últimos resultados os de Labrada atópanse a só cinco puntos dos postos de promoción, que marca o Sofán.

Inicio perfecto da nova era do Lemos

O Lemos estreou a Markitos coma adestrador coa vitoria que remata a súa mala xeira no último minuto na casa do Cultural Areas por 3-2. Na primeira parte, o Lemos reflectiu o seu dominio no marcador. Fíxoo desde ben pronto, xa que no minuto 24 Adri Díaz firmaría un gran gol. A vantaxe medrou no minuto 31 grazas a Guitián, pero os de Markitos tiveron moitas oportunidades para poder sacar un resultado máis amplo.

O Cultural Areas foi a por todas na segunda metade, e no 49 demostraríao cun gol de Carlos. Dez minutos despois, Javi Vila faría o empate e deixaría unha situación de encontro totalmente diferente ao que se viu na primeira metade. O Lemos logrou igualar as sensación e foron a polo encontro. No último minuto, Fito Periale sacou un disparo no minuto 90 que acabou dentro da portería para reencontrarse coa vitoria.

Un punto de gran valor

A Sarriana conseguiu sacar un bo punto ante o Real Ávila tras un empate por 0-0 con boas oportunidades para ambos equipos. A primeira metade foi para o cadro de Dani Giménez, que estivo a piques de facer o primeiro rapidamente cun disparo moi lonxano de Santi Gegunde que bateu no pau. Ademais, Álex Millán tivo dous man a man que non puido solventar. Na outra área, tanto César Pirot como Tomás Berardozzi tiveron que salvar aos seus en varias ocasións.

O Racing Villalbés saboreou a vitoria, pero un gol no 94 fixo que o partido rematase con 2-2. O Montañeros presionou arriba e incomodou aos chairegos. Un balón colgado chegou a Juan de Dora, que adiantou aos coruñeses. A resposta non chegaría ata o minuto 76, cando Javi Varela igualou á saída dun saque de curruncho. O partido foi tan tolo que, pese a que Pablo Trigo meteu un penalti no noventa, un rebote no 94 favoreceu a Miguel que, cun zambombazo puxo o empate.

A Mariña quedou sen catar puntos

O Burela acadou unha derrota dolorosa dentro da loita que hai pola permanencia na Preferente Norte ante o Dumbría por 0-1. O encontro entre ascendidos da tempada pasada foi equilibrado nos primeiros intres e a máis clara foi de David cun disparo cruzado. Na segunda, o Dumbría quixo correr en transición e logrou que o partido se rompese. No minuto 86, unha mala saída de Kiko propiciou que Diego Estevez fixese o tanto da vitoria a porta baleira.

Ponte dos Brozos foi inexpugnable para un Viveiro que caeu por 2-0 ante o Atlético Arteixo. No minuto 19, Rubén adiantaría aos locais, que puideron irse ao descanso con máis vantaxe cun penalti a favor. Lanzou Marcos, pero Ayoub estaba listo para poñer a igualdade. Cora tivo o empate, pero un erro na saída de balón fixo que Iker metese o segundo no minuto 76. Arturo tivo dous remates de cabeza claros, pero non puido reducir a diferencia.

O Lugo B dálle a volta á Terceira RFEF

O Lugo B dálle a volta á