Lourido (Meira): «Quería retirarme no campo»
-
- 0
- 2min de lectura
Hai xogadores que marcan unha época no fútbol lucense e un deles é Lourido, que pechou no Meira este ano na Primeira Futgal a súa carreira deportiva. Na súa cuarta tempada no clube, onde logrou o ascenso á categoría na que xogaron esta tempada, decidiu colgar as botas e recibiu ante o Foz, no seu último encontro no que caeron por 2-3, a homenaxe que se merece. O defensa valorou a súa carreira e deu pistas sobre os seus próximos pasos.
Futbolinlugo: Por que decides colgar as botas?
Xosé Lourido: En primeiro lugar porque acabo de cumplir 47 anos e o corpo comeza a resentirse de tantas lesións que tivo. Quería dar un paso ao lado no campo, non como a tempada pasada que acabei cunha luxación de ombro.
FIL: Como foi o último partido para ti?
XL: A verdade é que o último partido, salvo o resultado e a situación da tempada, foi moi emocionante. Nese momento eu estaba nunha nube porque non me esperaba todos os detalles que a directiva do Meira e a plantilla tiñan preparados.
FIL: Se tiveras que escoller un momento da túa carreira, con cal te quedarías?
XL: O máis reciente o ascenso do Meira foi do mellor, aínda que cando subimos á Preferente co Riotorto tamén o sumaría pesse a que non xogamos na división ao final. Despois quédame a espiña das dúas finais de Copa perdidas.
FIL: E algunha anécdota que lembrarás sempre?
XL: Hai moitas para dicir. Houbo unha época na que demos a chapa despois dun gol meu de chilena en Rubián na que en todas as ceas que facíamos de equipo había que contala con cada vez máis elementos fantásticos. O terceiro tempo dá para moitas cousas que contar.
FIL: Estás pensando en dar o paso a adestrar?
XL: Eso está meditado e de feito xa en Meira teño a experiencia co xuvenil. Estou formándome para entrar no mundo sénior como adestrador e se hai que dar o paso para dirixir ao equipo non tería ningún problema.