Juan Rodríguez, novo adestrador do Rácing Vilalbés

Juan Rodríguez (Racing Villalbés): «É un gran paso nun club que sinto coma meu»

A tempada para o Rácing Villalbés traerá moitas novidades nun proxecto consolidado no máis alto da táboa da Terceira RFEF. Este curso, lograron manter aos homes que fan a columna vertebral do grupo, como ben pode ser Álex Santomé, Make, os Varela, Da Lama ou Cadra. Ademais, reforzáronsa con xogadores moi novos como Herrero, Hamza ou Pablo Trigo dispostos a aproveitar a oportunidade de ser importantes na categoría.

O principal cambio é o no posto de adestrador, xa que Juan Rodríguez asumirá o cargo despois de anos inmerso na canteira chairega e sendo asistente nos anos de Simón Lamas. O técnico pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do que supón para el a tempada, o cadro de xogadores, a canteira e os obxectivos.

Entrevista a Juan Rodríguez, técnico do Racing Villalbés

Oportunidade de ser primeiro adestrador: «Xurdiu moi rápido cando separan os seus camiños Alberto López e o Racing Vilalbés. Fanme a proposta despois de moitos anos no club e decidín dar un paso máis dentro dun club que xa sinto coma meu».

Cadro de xogadores: «Apostamos pola continuidade con 13 renovacións. Só temos tres fichaxes e o resto serán xogadores que suben tanto do xuvenil coma do Racing Villalbés B. É un grupo que levan moitos anos xuntos e creo que debemos manter o espírito solidario e de medrar como equipo que caracterizou ao club nos últimos anos e que queremos que o siga definindo».

Líderes do grupo: «A verdade é que hai moitos xogadores que teñen moito arraigo co Racing Villalbés e que sinten que é parte importante da súa carreira deportiva. É importante manter esa base, eu son dos que di que unha renovación non é tan mediática, pero en moitos casos é máis importante».

Canteira: «Vai ser unha tarefa diferente, pero temos un cadro curto no primeiro equipo que lles vai permitir ter oportunidades, pero queremos que cheguen por convicción e non por obligación. Varios fixeron toda a pretempada e están en dinámica de primeiro equipo. Hai xente que co seu traballo diario van poder crecer e nós ímoslles dar todas as ferramentas para que collan peso pouco a pouco».

Obxectivo: «Vou tirar de tópico, partido a partido. É un ano de cambios no Racing Villalbés e temos que ir traballando semana a semana para que a táboa nos poña onde teña que ser».

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *