Josema, porteiro do Castro

Josema (Castro): «Temos que estar moi orgullosos do noso traballo»

O Castro estivo a piques de voltar na súa primeira oportunidade á Preferente, pero a volta en Vigo non tivo o final desexado. O Alertanavia frustrou as opcións dos chairegos ao remontar a eliminatoria cun 2-0 na volta. Aínda así, nada empaña unha gran campaña dos dirixidos por Dumi na Primeira Futgal e na que estiveron na loita en todo momento. Un dos seus grandes referentes foi Josema, porteiro titular do equipo, capitán e líder do vestiario.

Futbolinlugo: O ascenso estivo moi preto, pero á súa vez moi lonxe. Como vivistedes a eliminatoria?

Josema Osorio: «No partido de ida competimos moi ben e permitiiunos chegar a Vigo con un gol de vantaxe. Alí xuntáronse factores como que estábamos con varios xogadores tocados ou as altas temperaturas. Eles foron quen de dominar o encontro e conseguiron aproveitar as dúas oportunidades que tiveron. Nós, aínda que tivemos o gol preto con oportunidades moi claras para marcar, non fomos quen de darlle a volta «.

FIL: Como se encontra o equipo despois da eliminación?



JO: «Por unha parte estamos mal por quedarnos a só noventa minutos de poder acadar o ascenso, pero creo que temos que estar moi orgullosos do traballo que fixemos. Non nos podemos recriminar absolutamente nada porque fomos quen de solventar moito inconvintes e lesións ao longo de toda esta tempada».

FIL: O ascenso era o principal obxectivo do Castro cando arrincou o curso?

JO: «O único que tiñamos claro era estar arriba. Despois de conseguir o obxectivo, evidentemente coa plantilla que tiñamos e cos xogadores tan diferenciais que estaban no Castro sabíamos que o ascenso era unha posibilidade pola que tiñamos que loitar».



«Unha figura como Dumi en Castro deunos moito»

FIL: Cal foi a chave para que puiderades facer esta gran tempada?

JO: «Eu creo que, aínda que tiñamos un cadro de xogadores moi curto, a calidade estaba presente en todas as posicións e contábamos cun grupo moi unido. A peza de Dumi tamén foi importante, xa que estar aos mandos dunha figura como a súa no Castro deunos moito».

FIL: Como foi compartir estes momentos con Dumi, pero nunha faceta diferente?

JO: «Foi semellante, eu coñézoo dende hai oito anos e a verdade é que a única dúbida que tiña era como adestraba. Todo o equipo rematou realmente contento de como rematou a tempada. Para o ano esperamos que todo siga sendo igual. Eu sempre pensei que a súa idea de xogo ía estar no punto medio entre o xogo de dominio e o deefensivo e, efectivamente, foi así».

FIL: A proxima Primeira Futgal vai estar cargada de históricos. Onde cres que vai estar o Castro?

JO: «Non sei se se manterá a configuración dos grupos ou se incluirán equipos de Santiago ou de Ferrol. Pase o que pase, vai ser unha Primeira na que vai haber un gran número de proxectos chamados a estar na zona alta. Nós loitaremos para que o Castro poida estar na loita polo ascenso un ano máis».

FIL: Continuarás liderando ao equipo desde a portería?

JO: «Eu creo que si, aínda non é oficial pero é o máis seguro».

Josema (Castro): «Temos que estar moi orgullosos do noso traballo»

Diario dun Mercado. Episodio 467

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *