Rematou a primeira temporada da historia da Sarriana en Primeira RFEF. Malia a que o fixera con derrota, os da Ribela culminaron este ano con nota e con clasificación para o play off de ascenso incluida.
Un dos artífices do gran ano da Sarriana foi o seu adestrador Jorge Cuesta. O técnico vigués, cunha gran traxectoria no fútbol base do Real Club Celta de Vigo, pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo, onde foi entrevistado polo presentador deste espazo Álex Gato e polo redactor de Futbolinlugo Diego Díaz.
Podes escoitar aquí a entrevista íntegra.
Temporada espectular cun duro final. «Quizáis polo marcador final. Un 4-1 que non reflexou o visto sobre o terreo de xogo. Foi unha eliminatoria parella, os xogadores foron conscientes da igualdade e síntoo por eles que tiveron que vivir eses últimos minutos no terreo de xogo, pero quedámonos con todo o bo que nos deixou esta temporada«.


O obxectivo a comezo do verán. «Nen moito menos era o ascenso, pero si acadar a permanencia sen apuros. Fomos quen de lograr ese obxectivo e a igualdade desta categoría fixo que puideramos pelexar por estar no play off. Tanto eu como os xogadores sabiamos que tiñamos unha gran plantilla. Non eramos os típicos recén ascendidos e non debemos falar dun miragre. Os xogadores adaptáronse moi ben e todo saiu da mellor maneira posible«.
Chegar ao play off. «Estaba claro que os catro equipos que quedaron por diante nosa iban estar aí. Logo esperas que algún dos outros favoritos teña un mal ano, como puido ser o Rápido de Bouzas ou Somozas. Se iso ocorre podes estar na pelexa e cando rematamos a primeira volta tan ben vimos que era posible pelexar por ese obxectivo«.
A presión de Sarria. «Por sorte para min este ano non existía ese obxectivo tan claro como era o ascenso as temporadas anteriores. Cando eso ocorre non é sinxelo o día a día. Este ano non ocorreu iso e aínda que nos campos sempre hai xente que pode entender peor unha derrota desta a directiva e a dirección deportiva sempre nos transmitiron calma. incluso nos peores momentos da temporada. É de recoñecer e agradecer«.

O futuro de Jorge Cuesta. «Preciso un momento de calma para pensar no futuro. Foi un ano moi ben invertido, pero un esforzo moi grande cos desprazamentos. Vou reflexionar e tamén escoitar outras opcións que poda ter. Falei coa directiva e xa sabe o que penso. Iremos da man na decisión que tomemos«.

Foto de portada: El Progreso