O Becerreá estivo a só catro puntos de poder meterse no posto de play off que acabou ocupando o San Roque, o que non empaña a súa boa tempada na Segunda Futgal sur. Por iso, o primeiro paso que deron na planificación da vindeira campaña é a continuidade dun Javi Gómez que mantén un gran proxecto no que a renovación continua froito dun gran traballo da base do clube grantiza que o bloque poida continuar sendo feito no club.
Futbolinlugo: Foi unha renovación doada?
Javi Gómez: «A verdade é que si. Cando estás nun sitio onde estás cómodo e onde todo está a favor chegar a un acordo de renovación é moi sinxelo».
FIL: Voltaredes a ser aspirantes na vindeira campaña ou o obxectivo cambia?


JG: «O obxectivo sempre é o mesmo, competir ao máximo nivel cunha calidade nos adestramentos que che permita facer bos encontros. A liña a seguir no Becerreá é a que construimos durante estes anos«.
FIL: Que falta para dar o salto que vos permita chegar a unha mellor posición?
JG: «A verdade é que no canto do compromiso non se lles pode achacar nada aos rapaces, sempre hai un grupo numeroso para os adestramentos. Non sei cal pode ser a fórmula, pero podo garantir que o Becerreá seguirá estando así«.

«Fomentar o fútbol é bon para Becerreá e para o deporte»
FIL: O importante é que, nunha zona dispersa como a da montaña, segue habendo un gran traballo de canteira que permite renovar ao equipo.
JG: «Por suposto, tanto José Antonio como Antón fixeron un traballo inmellorable. O que ti dis, ao final abarcas moita zona dispersa e fomentar o fútbol nesas vilas é bon tanto para o lugar como para o deporte«.
FIL: Como compaxinas a túa labor de adestrador coa arbitraxe? Suponche algún tipo de hándicap?
JG: «Non, a miña prioridade sempre é o Becerreá. No mundo da arbitraxe vou a partidos de veteranos para matar as ganas e algún encontro de base. Á miña idade, iso pasou a un segundo plano«.
FIL: Hai algunha cara nova que poidas adiantar de cara a tempada que vén?
JG: «En principio está todo collido con pinzas. O bloque vai manterse, seguro, e se intentamos fichar vai ser a xente da casa que o deixara ou que estea noutro equipo«.