O V All Star abre a inscrición para os concursos
-
- 0
- 2min de lectura
O All Star non é un evento que comprende tan só ás futbolistas e corpo técnicos convocados para os partidos. É a gran festa do fútbol lucense, unha aposta firme pola nosa comunidade, que leva xunto a Futbolinlugo 10 anos e que celebrará a súa quinta edición neste 2025 no campo da Cheda.
Por iso, un ano máis, abrimos a inscrición para os concursos populares. Todo o mundo pode participar: convocados e non convocados, seareiros e seareiras, sen límite de idade nin condicións adicionais. Se estás interesado en formar parte dalgún deles, enche o formulario desta ligazón e terás todo preparado o 28 de xuño para participar de forma activa no V All Star Futbolinlugo.
A data límite de inscrición para os concursos será o vindeiro luns, 23 de xuño, ás 18.00. Porén, as prazas son limitadas. Contamos contigo para mostrar a dimensión do fútbol lucense.