#Alevíns #Benxamíns #Fútbol Base #Prebenxamíns

III Marosa Cup en Burela

Hai uns días presentouse a terceira edición da Marosa Cup, torneo que ano tras ano gaña peso e importancia entre os torneos de base galegos.Terá lugar os próximos 7 e 8 de outubro nas instalacións da Marosa, nas que se darán cita pequenos futbolistas de entre 4 e 12 anos, xa que o torneo comprende catro categorías: iniciación, prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Contan este ano coa participación destacada de clubes como o CD Lugo ou o Deportivo da Coruña.

Comezando polos máis pequenos, dous equipos competirán na categoría de iniciación. Será un só partido, pero será un derbi en toda regra, entre Burela  Pescados Rubén. Xa en prebenxamíns, a categoría conta con oito participantes, divididos en dous grupos. O Grupo A está integrado por Viveiro «A», Santiago de Foz, Polideportivo Lucense e Burela «B», mentres que no Grupo B enfrontaránse Burela «A», Viveiro «B», Pescados Rubén e Ribadeo.

Os benxamíns son os máis numerosos. Un total de quince equipos divididos en catro grupos citaránse na xornada de sábado para deslumbrar aos espectadores. O Grupo A está formado por Deportivo, MilagrosaRibadeo, o Grupo B por Burela «A», Polideportivo Lucense «B» e Viveiro «B», o Grupo C por Polideportivo Lucense «A», Lugo «B» e Burela «B» e, por último, no Grupo D mediránse Lugo «A», Viveiro «A» e Santiago de Foz.

Falando agora de alevíns, serán oito os conxuntos participantes. Catro deles (Burela «A», Milagrosa, Viveiro «B» e Burela «B») integrarán o Grupo A, e Deportivo, Lugo «A», Viveiro «A» Santiago de Foz o Grupo B.



Velaquí o calendario completo destas dúas xornadas que seguron deparan moito fútbol e moitos sorrisos!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *