O final de tempada trae consigo o momento de sacar a calculadora para que os equipos sepan que é o que teñen que facer para conseguir os seus obxectivos e demostrar o bon traballo que fixeron dende o mes de agosto cando arrincaron as pretempadas. Na Terceira RFEF, a situación é moi diferente entre os catro equipos lucenses, mentres que na Preferente, coa excepción do Pol, o obxectivo común e conseguir manterse na categoría.
Unha Terceira RFEF de bloques diferenciados
A Sarriana e o Racing Vilalbés están nunha situación idónea na Terceira RFEF. De feito, os de Alberto López xogarán a promoción de ascenso virtualmente, a falta de un punto, e intentarán voltar a conseguir o segundo posto para que catro empates lle den acceso á eliminatoria nacional. O encontro entre Arousa e Alondras que se disputará na última xornada axuda a unha Sarriana que se complicou a vida na pasada xornada no derbi ante o Polvorín. Cunha vitoria nos tres encontros que restan podería valerlle, pero non podería haber un empate nesa xornada se os dous equipos gañaron os dous encontros anteriores.
O Polvorín prácticamente pechou a permanencia coa súa goleada na Ribela. Con só un punto máis será matemática ou con un fallo do Valadares ou do Barbadás. Unha situación máis difícil terá o Viveiro, que agora mesmo está tres puntos por riba do descenso tras gañarlle ao Racing Vilalbés. Os de Adrián Benavides poderían salvarse se lle gañan ao Polvorín e o Barbadás perde, xa que teñen o duelo directo gañado co conxunto ourensán.
A calculadora bota fume na Preferente
Na Preferente a situación é moi diferente e provoca que a calculadora arda en tres dos catro equipos da provincia. O único que respira tranquilo nestas últimas tres xornadas que restan de competición é o Pol, xa que a súa gran segunda volta fai que poidan ver con calma a loita na que están inmersos o resto de equipos da provincia, que inda teñen parte da tarefa pendente de resolver.


Lemos e Ribadeo son os que máis actividade teñen nas súas calculadoras. Os monfortinos, con 33 puntos, están tres por enriba do Ribadeo, que ocupa plaza de descenso tras a cuarta vitoria en cinco partidos do Galicia Mugardos. O calendario depara que os tres equipos se enfronten entre si durante este tramo final da tempada, o que depara tensión ata o final do curso. Tamén hai que engadir ao Val, a un dos mariñáns.
O Lemos tamén xogará ante o Atlético Escairón na penúltima xornada. Os do Saviñao necesitan unha milagre para salvarse, xa que necesitan que o Lemos perda os tres partidos e o Ribadeo só gañe no derbi ante os monfortinos, ademais de gañar os seus tres encontros e que o Val quede con menos puntos que os de Prados para ter un triple empate. A calculadora bota fume e espera que os resultados se vaian sumando á operación.
