Onte tamén se coñeceu o calendario da Copa Deputación de Segunda e Terceira Galicia. E Futbolinlugo traévolo en EXCLUSIVA. Unha competición que botará a andar o próximo 7 de maio coa disputa dos trintaedousavos de final. Ata chegar ao 11 de xuño, día da gran final. Isto significa que tódalas rondas se disputarán a partido único.
A principal novidade desta temporada é que só se dividiu aos conxuntos entre Norte e Sur. Logo desta división, realizouse sorteo puro. Deste xeito queda atrás o criterio da proximidade xeográfica e veremos enfrontamentos completamente novidosos. Aínda que o azar tamén quixo que se desen algún dos habituais, coma o mítico Quiroga-Brollón.
Nos cruces entre equipos de distinta categoría, sempre exercerá coma local o de menor categoría. Entre os da mesma competición, o local será o equipo da parte superior do cadro. Ademais, en caso de empate non haberá prórroga. Decidirase o gañador directamente aos penaltis, inclusive na final.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
![](http://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2017/04/copa20172e3.pdf-2-300x212.jpg)