Hoxe é un día de celebración nesta casa. Futbolinlugo vén de pechar un convenio histórico e pioneiro na provincia. Todos os clubs lucenses, aos que cubrimos diariamente, poderán ver aumentados os seus ingresos grazas á alianza entre Futbolinlugo e XENERA, compañía eléctrica de referencia na comunidade galega.
Unha alianza que trae beneficios tanto para os clubs como para os simpatizantes, xogadores, adestradores, directivos, etc. A fórmula é moi sinxela: toda persoa que cambie a súa tarifa da luz á Tarifa Balón de XENERA, verá reducida a súa primeira factura en 20€.
Ademais, no momento da contratación indicarase (vía web xenera.com, telefónica no 900 600 116 ou por WhatsApp ao 613185862) o club ao que a citada persoa pertence ou apoia. E o equipo, se quere, ingresará outros 20 euros polo seu integrante/simpatizante con só asinar un acordo con XENERA. O mellor de todo é que o club ingresará eses 20€ por persoa anualmente (sempre e cando ese individuo/a manteña a súa Tarifa Balón con XENERA).
No momento en que unha soa persoa contrate a tarifa e aposte polo seu club, XENERA poñerase en contacto coa entidade para que poida percibir a súa remuneración. Un ingreso sempre agradecido e apetitoso e que pode chegar a ser importante en función do número de adeptos. Por exemplo, se o Santaballés suma dez simpatizantes á Tarifa Balón; levaría 200€. E se o Carballedo engade vinte, optaría a 400€.