O fútbol lucense xa coñece as datas de inicio da tempada 2025-26 en todas as súas competicións. Terceira RFEF, Preferente e a Primeira Futgal comezarán a competición o día 7 de setembro. A Segunda Futgal podería ser no mesmo día ou o 14 de setembro, xunto a Terceira Futgal. Ademais, confirmouse a volta da Milagrosa ao grupo lucense da Primeira Futgal, mentres que o Brollón terá que ir a Ourense e o Lemos xogará na Preferente Sur.
Cambios nos grupos do fútbol lucense
Como adiantamos esta mañá, o Lemos xogará na Preferente Sur e o Brollón xogará en Ourense na Primeira Futgal, mentres que a Milagrosa volve a xogar en Lugo coma visitante despois do seu periplo por Pontevedra. Estes cambios serán novidades para dous equipos que xa coñecían a competición na que ían competir e que agora enfrontaranse a novos rivais e novos retos. Tamén é un respiro para boa parte do fútbol lucense que estaba en risco de ir a outras zonas.
Datas clave da tempada
Na Terceira RFEF, Racing Villalbes, Viveiro e Polvorín arrancarán o día 7 de setembro a competición e rematarán a fase regular o 10 de maio. O formato da liga será o mesmo que na pasada campaña, con un ascenso directo, catro equipos que xogarán a promoción de ascenso autonómica e tres plazas de descenso. Ao igual que a liga, o play off manterá o mesmo formato. Comezará o 17 de maio e rematará o 21 de xuño.
No caso dos equipos da Preferente, esta divídese en dous grupos: o Norte, no que estarán Pol e Burela, e o Sur, onde xogará o Lemos. Arrancará o 7 de setembro e rematará o 17 de maio. Cada grupo terá un equipo ascendido de forma directa, catro equipos en promoción e catro descensos. O play off será cruzado entre os dous grupos con eliminatorias a ida e volta e que en caso de empate irán a prórroga e penaltis. As datas da última fase estarán entre o 31 de maio e o 21 de xuño.


A última das competicións da que xa se coñece o formato será a Primeira Futgal. Os seis grupos estarán conformados por 18 equipos e terá as mesmas datas que a Preferente tanto da na fase regular como na promoción. En cada grupo, o campión ascenderá directamente e haberá dúas plazas de promoción e tres descensos por grupo. Dos 12 equipos que xoguen o play off, só 3 conseguirán ascender.