#Entrevistas

Fernando Corredoira, CD Castro: «De aquí ao final da liga, todo son finais»

Fernando Corredoira chegou hai pouco ao banquiño do Arturo Pereiro co obxectivo de acadar a permanencia na Preferente Norte. Poucas semanas despois, o experimentado técnico protagoniza a sección semanal do Ser Deportivos Lugo.

corredoira
Fito, autor do 0-1 nas Pontes, é o máximo goleador da categoría.

O Castro superou nas Pontes (0-1) a un rival directo pola permanencia, nunha das finais que lles restaba antes do fin da competición. Hoxe reciben ao Ribeira co obxectivo de sumar outra victoria que dea aire aos vermellos. Pero, antes do choque, repasamos as verbas do preparador lucense.

A victoria ante o CD As Pontes. «De aquí ao final da liga son todo finais. Estamos nunha situación difícil, pero xogabamos sabendo os resultados dos rivais e dependendo de nós para saír do descenso directo. Penso que foi un aspecto positivo.»

Fernando corredoira chegou ao castro co obxectivo de reverter a mala dinámica

A súa chegada ao vestiario do CD Castro. «O equipo estaba nunha mala dinámica logo dunha primeira volta magnífica. Tratamos de darlle a volta e de liberar aos xogadores desa presión: saír de aí con traballo, pois eu penso que tan só coa sorte non chega.»



A pelexa pola permanencia. «É unha mágoa que haxa moitos lucenses aí abaixo. Pero penso que ata o final non se vai saber nada, hai moitas opcións de que todo cambie. Temos que intentar gañar todos os lucenses para meter a outros equipos aí abaixo.»

Aquí, a entrevista completa xunto a Álex Gato, da Cadena Ser, e o noso Marcos Fernández:



Fernando Corredoira, CD Castro: «De aquí ao final da liga, todo son finais»

O Viveiro vence no derbi da Cheda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *