Pregunta: Ola Rubén. Con 46 puntos en 16 xornadas, o teu equipo cadete xa é campión de liga, a liga Cadete Autonómica Sur. Prevése un ascenso inminente?
Respuesta: O que esperamos é que non nos collan por sorpresa as primeiras xornadas da seguinte liga (a nivel provincial cos campións do grupo norte), porque agardamos un salto competitivo notable, e a partir de aí toca adaptarse e tentar entrar nesas dúas prazas que dan acceso á fase de ascenso, pero antes de cada partido non hai nada gañado.
P: Este grupo xa ten experiencia en ligas superiores (competiron en Liga Galega infantil). Polo tanto, este feito fará que non se amedrenten ante a grandeza dunha fase de ascenso?
R: O 80% do plantel xogou en Liga Galega, aínda que hai xente que marchou e xente que se fixo un oco no equipo. Non obstante, cambia, debido ao pau que supuxo para eles aquel descenso, e agora é máis un tema de orgullo pola conta pendente con esa categoría.

P: Ti destacas especialmente polo teu bo trato cos xogadores e por manter sempre harmonía no vestuario. Imaxinamos que neste caso non será distinto…
R: Sí, a miña forma de tratar aos xogadores é bastante cercana. Considero que me aporta maiores beneficios así que mantendo as distancias.Todo eso fomenta un maior traballo nos adestramentos, xa que non poden asociar eso con non traballar despois. A min gústame que todos se esforcen e den o máximo posible de si mesmos.
P: Non pode ser doado adestrar a un equipo de rapaces e conseguir loitar ano tras ano por títulos, a pesar do cambio de pupilos. Cales son as chaves do éxito?
R: O primeiro é coñecer aos xogadores e saber de que son capaces. A partir de aí, crear algo que axude a maximizar as virtudes e ocultar os defectos, xa que se creas un modelo de xogo que saque o mellor de todos os xogadores, crearás un equipo moi capaz de competir. Entón é cando vamos todos da man para crear unha boa receta.


Fotos: Twitter Rubén Méndez (@Ruben_RNC)