En directo: última xornada da Preferente e da Primeira Futgal

A fase regular da Preferente chega súa fin co Lemos e o Ribadeo xogándose a salvación. O Lemos se gaña permanece, o Ribadeo ten que conseguir os tres puntos e agardar outros resultados.

A competición regular da Primeira remata co Castro e o Chantada disputando unha praza de promoción de ascenso e co Outeiro, Oural, Pastoricense e Milagrosa pelexando pola permanencia.

Un punto chégalle ao Castro para confirmar posto de fase de ascenso. O Outeiro e a Mila dependen de si para salvarse. O Oural se gaña tamén ten moitas posibilidades, pero debería lograr a maior renda posible, para evitar un hipotético arrastre. O Pastoricense ten que gañar e agardar resultados.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *