#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Edu Rodríguez: «Queremos devolver ao Lemos a Terceira»

Edu Rodríguez, adestrador do Lemos

A Preferente Sur deparou na pasada xornada unha gran goleada favorable ao Lemos por 6-0 ante o Sporting Celanova que confirma o seu grandísimo estado de forma. Asentados na fase da promoción de ascenso, os de Monforte de Lemos son un dos claros candidatos para poder voltar á Terceira RFEF. Todo nun curso tan ilusionante como raro na Pinguela debido ao cambio de grupo, o que lles fai ir ata Pontevedra e Ourense ao contrario que o resto de lucenses da categoría.

Desde a conformación de cadro de xogadores, Edu Rodríguez centrouse en ilusionar para conseguir algo grande para a cidade. O técnico do Lemos pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron do anterior encontro, o cambio de grupo, o cadro de xogadores o o obxectivo da tempada.

Entrevista a Edu Rodríguez do Lemos

Goleada ao Sporting Celanova: «Tivemos unha primeira parte moi boa, o que nos permitiu practicamente sentenciar o encontro co 4-0 ao descanso. Estamos moi contentos por sacar os tres puntos tras encaixar a primeira derrota da tempada».

Cambio de grupo: «É unha liga diferente. A nivel individual hai máis xogadores ofensivos e no colectivo son máis propositivos. Defensivamente vemos que a norte e superior».

Cadro de xogadores: «Estamos moi contentos. Siguen poucos xogadores da tempada pasada, polo que pouco a pouco estamos conseguindo o que queremos. Chegar á xornada 15 despois de todos estes factores é moi valioso».

Obxectivo da tempada: «O obxectivo é dar un paso cara adiante, incorporamos a xogadores para loitar pola fase de ascenso. O noso soño é devolver a Monforte á Terceira, e máis eu que son de Monforte. Sabemos da dificultade, xa que hai cadros ambiciosos que están abaixo. Hai que ser conscientes de que vimos de salvarnos no final do curso nas últimas tempadas, así que temos que ter os pes na terra e construir para o futuro».

sorpresas

Edu Rodríguez: «Queremos devolver ao Lemos a Terceira»

Un San Lázaro en alza pon a