O Viveiro voltou á senda da vitoria a pasada xornada. Foi en Cantarrana diante do Barbadás, rival directo dos mariñáns na pelexa pola permanencia, e supuxo o primeiro triunfo con Fabri no banquiño viveirense.
Un dos xogadores claves no encontro da última xornada, e tamén deste tramo ligueiro é o berciano Diego Santín. Con pasado na Sarriana, conxunto no que se deu a coñecer no fútbol lucense nunha espectacular campaña que rematou coa súa participación no All Star Futbolinlugo de Mondoñedo, e tras un breve paso polo Arteixo e o Caudal asturiano, esta temporada retornou á nosa provincia.
Entrevistouno no Ser Deportivos Lugo o seu conductor Álex Gato e o redactor de Futbolinlugo, Diego Díaz.
Podes escoitar a entrevista completa aquí:


Triunfo balsámico. «Eran tres puntos que necesitábamos. Levábamos tres puntos dos últimos vinteún e precisábamos o triunfo. Foi unha semana de adestramentos moi boa e fixemos un gran partido, que dominamos desde o comezo. Axudou que marcamos moi rápido, pero deuse todo moi ben«.
Sen problemas no vestiario. «Sempre costa cando chega alguén novo. Tivemos unha reunión e solucionouse todo e agora imos todos a unha«.
A saída de Jandri. «Foi unha decisión que sorprendeu un pouco a todos. Ninguén a agardaba porque as cousas estaban saíndo ben. Son cousas que nós non podemos controlar«.

O futuro inmediato do equipo. «O obxectivo desde o comezo sempre foi a permanencia, e non está nin moito menos conseguido. Esta categoría é moi difícil. Dous partidos gañados ou perdidos sitúante arriba ou abaixo, polo que o obxectivo sigue sendo o mesmo. Debemos ser moi fortes na casa e se podemos ir cara arriba non dubidaremos«.
O retorno á provincia. «Non sei se é a provincia de Lugo pero a verdade é que o ano da Sarriana saíronme as cousas moi ben e este polo momento tamén. É unha boa zona para min«.
O partido fronte ao Noia. «A verdade é que non o coñezo moito, só o que nos contaron esta semana. Están ben traballados e melloraron moito desde o comezo de liga. Levan seis xornadas sen perder, co que iso significa na categoría. Teñen unha mistura interesante entre xuventude e veteranía, cun adestrador como Iván Carril que coñezo e traballa bastante ben«.