#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Diego Arias (Club Lemos): «Sabemos que o ascenso é dificil, pero non renunciaremos a nada»

Non hai dúbida ningunha de que o Club Lemos é un dos históricos do noso fútbol, e tampouco a hai de que a temporada pasada estivo a pique de rematar a súa andadura polos campos da provincia.  O descenso de categoría, malia que poda parecer paradóxico non era pra nada o peor dos seus males. Fichaxes de xogadores foráneos sen apego ao clube, impagos a parte da plantilla…

Este verán co clube xa en Primeira Autonómica, a nova xunta directiva encabezada por Óscar López trocou por completo a filosofía do clube, optando por unha maioría de xogadores da comarca, e un adestrador da casa, Edu Rodríguez.

Un dos xogadores que continua no equipo é o monfortino Diego Arias. Referencia do equipo no xogo ofensivo é tamén un dos estandartes do novo Lemos, que a estas alturas de liga é terceiro a nove puntos do dúa cabeceiro formado por Foz e Sarriana. Desde Futbolinlugo falamos con él.

FUTBOLINLUGO: Voltades á senda da victoria. Primeiro en Riotorto e este pasado domingo goleando ao Valadouro. Foi un encontro cómodo?



DIEGO ARIAS: Mirando o resultado pode parecer que foi sinxelo, pero foi un encontro que preparamos moi ben, sabendo o perigo que ten o rival e sabendo donde lles podiamos facer dano. A verdade é que saiu todo perfecto e puidemos sentenciar xa á media hora de partido.

FIL: O pinchazo ante a Sarriana e os empates con Ferreira e Santaballés alexáronvos dos postos de ascenso directo. Vedes aínda posible darlles caza a Foz e Sarriana?

DA: Tal e como está transcurrindo a competición sabemos que é difícil, pero non se pode renunciar a nada. Iremos partido a partido tentando sacalos adiante, e se o resto se deixa puntos aproveitar para meter presión e chegar ao último mes con opcións.



O novo Lemos desta temporada aínda aspira aos postos de ascenso

FIL: A Pinguela é o voso fortín, estades invictos e tan só cedestes tres empates. Recibiredes alí a Foz e Xove, e logo equipos da zona baixa. Pasan por ahí moitas das opcións de ascenso?

DA: Se queremos ter opcións so podemos pensar en sumar de tres en tres puntos, e está claro que na casa non podemos ceder e gañarlles aos rivais directos.

FIL: O Lemos, por historia, parece que sempre está obrigado a subir. Sería unha decepción grande non logralo?

DA: Só o nome do clube xa che esixe estar nos postos de cabeza coa disposición de subir, pero vendo como estaba o clube no mes de xullo, o que estamos a facer ten moito mérito. Se non se pode subir este ano non pasa nada porque en ningún momento foi o obxectivo primordial, pero a seguinte temporada será si ou si. Decepción non sería, pero si unha pena pola gran temporada que estamos a facer.

FIL: Con respecto á pasada temporada en Preferente o clube deu un xiro na súa política e apostou máis pola xente da casa. Como ves esta nova filosofía?

DA: O cambio foi radical. Era algo necesario para o clube que estaba en horas baixas a punto da desaparición. A proposta da nova directiva era, como ti dis, apostar por xente da casa e eu creo que é adecuada porque sentimos o clube do noso pobo. Ademáis hai que contar coa dispoñibilidade dos xogadores para adestrar, que é clave para competir ben e tamén o bo rollo no vestiario, que é moi importante.

Diego Arias é o segundo máximo goleador da categoría con dezaoito goles.Foto: LVG

FIL: Levas dezaoito goles noutros tantos partidos. Estás vendo porta con moita facilidade, incluso máis que outras temporadas. A que cres que é debido?

DA: Penso que pode ser pola posición que ocupo no campo, xogando por detrás do dianteiro, posición na que me sinto máis cómodo e na cal podo aproveitar mellor as miñas cualidades. Tamén inflúe a confianza e a madurez.

FIL: Fai uns meses publicabamos un artigo sobre os goleadores de Primeira Autonómica. Salvo ti, todos son da Mariña (Juanjo, Asier, Manolo, Borja Mella,…). Non hai gol no sur da provincia?

DA: No sur tamén temos gol, pero parece que está máis repartido que nos equipos da costa, nos que case sempre marcan os mesmos (risas). Hai que decir que ten moito mérito a temporada que están a facer todos eles.

FIL: Que dous equipos subirán a final de temporada? Móllaste?

DA: Gustaríame que un fósemos nos (risas)…pero veña, voume mollar: Lemos e Chantada.

 

 

Diego Arias (Club Lemos): «Sabemos que o ascenso é dificil, pero non renunciaremos a nada»

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *