Cargadiña de novedades. Así chega a 89ª edición do noso Diario dun mercado. Comezamos falando da Preferente Norte, na que o CD Castro incorpora ao seu «staff» técnico ao adestrador de porteiros Dani Pérez, procedente da base do CD Lugo.Xa na Primeira Galicia, Alberto Engroba non continuará formando parte do corpo técnico da SD Páramo.
Baixando agora de categoría, as novas amontónanse. O Cospeito ficha a Alex Cabado, quen vén de xogar nos xuvenís de División de Honra no Racing Villalbés e quen supón a última incorporación -en principio- do cadro chairego para esta campaña. O Meira CF, pola súa banda, firma a Farra e Rubén Vidal, procedentes do Pastoricense. Igualmente, o Portomarín CF incorpora a Hugo, da SD Monterroso. Asemade, o Xermade anunciou a continuidade de Ángel, Xavi, Abeás, Esteban, Fran, Hugo, Iván Carballeira, Brais, Rubén, Nahum, Pedro, Chungui, Iván Benavente e Mario Benavente, e as baixas de Fernando, Carlos, Ivo e Caínzos.
Tamén hai novas no fútbol feminino. A SD Chantada anunciou no seu Facebook as fichaxes de Bea, Candy, Lorena, Antía, Paula, Tania, Verónica, Lucía e Aroa. No que atinxe ao fútbol base, o Racing Villalbés xuvenil contará este ano con novas caras, como Héctor, Xoel, Marco, Mateo, Carlos, Jose ou Paulo.
Entrado o mes de agosto, moitos equipos están a anunciar as súas pretemporadas. É o caso de Palas, que se medirá a Cire Melide, Santiso en dúas ocasións, Relámpago Taboada e SD Chantada (días 8 de agosto, 11 de agosto e 1 de setembro, 18 de agosto e 30 de agosto, respectivamente), ademáis da disputa dun cuadrangular en Monterroso o día 25 de agosto.
Outra pretemporada confirmada é a do Celeiro Club do Mar, que comeza o 11 de agosto nun cuadrangular ante Folgueiro, Oza e CD As Pontes xuvenil, continuando o día 19 nun choque, de novo, ante UD Folgueiro e o 23 ante o Cervo, un triangular o 1 de setembro ante Lugo Real Balompié e Xove xuvenil, e concluíndo o día 8 de setembro ante o Xove xuvenil.
Veciños do Celeiro son no Celta Barreiros, que se medirá o 6 de agosto ante o Cabreiros, o 12 de agosto o CD Foz e o 15 de agosto xogarán ante Valadouro. Por último, o Relámpago Taboada tamén anunciou o seu calendario: o 8 de agosto mediránse ao Taboada «B», o día 14 ao Monterroso «B»; o 18, ao CD Palas, o 25 ao Chantada Atlético e o 1 de setembro ao Rodeiro CF.