#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 98

Coa temporada xa comezada nalgunhas categorías, e cos motores totalmente a punto no resto, as fichas continúan a moverse dun equipo a outro. Por exemplo, na Terceira División, o suizo Nathan desenrólase do CD Lugo, no que xogou no xuvenil «A» a campaña pasada. O xogador estudia ahora distintas ofertas, por exemplo provenientes de Boiro ou Castro. 

Na Preferente Norte, o defensa Samu Quintela chega cedido ao Ribadeo desde o Racing Villalbés, mentres que o CD Castro asina a David Díaz «Chumi», quen procede do Monterroso. Curioso o caso deste xogador, xa que deixará a portería para desenvolverse en posición de campo. Tamén a Sarriana incorpora a dous xogadores, Meko e Mauro, que chegan desde a Residencia. Na Primeira Galicia, o Santaballés reforzase con Adri «Kaká», procedente dos xuvenís de División de Honra do Racing Villalbés.

No tocante á Segunda Autonómica, o CD Palas anunciou no seu Twitter as fichaxes de Álvaro Barreiro e Óscar Laya e a subida de categoría dos xuvenís Óscar, Javi Ouro, Adrián Viña, Pol, Martín e Ángel. Outro equipo reforzado é o Guitiriz, que a pesares de manter case todo o plantel do ano pasado, ficha a Isaac, do Mondoñedo. Desde o clube tamén informan da idea de contar cos xuvenís para completar as convocatorias. O Goiriz asina a Javi Lozano, xuvenil que xogará co seu irmán Óscar, mentres que Julián desvincúlase do equipo da Terra Chá. No Grupo Sur, un clásico do noso fútbol, Darío, deixa o Sporting Lucense despois de 22 temporadas no fútbol afeccionado, para pasar a xogar nos veteranos.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *