Diario dun mercado. Episodio 497

Mantense vivo o mercado na provincia antes do comezo das competicións. De feito, en categorías que se atopan a piques de comezar aínda hai moitas novidades. É o caso da Segunda RFEF: a recén ascendida Sarriana suple a baixa do defensor Tomás Susavila por medio da cesión do lateral esquerdo Tomás Berardozzi, que chega desde o Arenteiro do Carballiño.

O mercado tamén está vivo no fútbol feminino

Os de Iván Carril tamén incorporan a David Vilán, extremo esquerdo que chega desde a disciplina do Atlético de Madrid. O de Soutomaior xa conta con experiencia nunha categoría na que xogou cos filiais de Deportivo e Atleti, mentres que o pasado curso xogou no Collado Villalba da Terceira RFEF madrileña.

mercado
Héctor volve á Milagrosa.

A Sarriana, porén, di adeus a Noah. Logo do seu fugaz paso pola Sarriana, o futbolista retorna ao CD Lugo ‘B’. Xunto a el chega Emmanouil Tsompanis, futbolista grego procedente do PAOK. Outro xogador que estivo na Sarriana e volta a provincia é o gardamallas Valentín Mosqueira. O arxentino colle as súas luvas e pon rumbo a Cantarrana, onde disputará a titularidade con Ayoub.

No fútbol feminino tamén se move o mercado: Héctor retorna ao banco da Milagrosa feminina un ano despois, e tamén retorna á súa casa Ángeles. Logo do seu exitoso paso pola SD Chantada, a dianteira All Star volve á SD Antas.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *