#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 493

No día do noso décimo aniversario non podiamos pasar a oportunidade de traer as últimas novidades no mercado do fútbol lucense.

Comezamos con novidades no fútbol feminino. María Jesús Mosteiro ‘Chusa‘ continuará gardando a portería do Carballedo unha temporada máis. A veterá xogadora é a única da provincia que participou en dous All Star Futbolinlugo como xogadora de campo (no Catro Ventos en 2022) e como porteira (no Ladairo en 2024). No Carballedo tamén xogará Nerea Fernández.

O Lourenzá anunciou o retorno de Julián. O mediocentro volta ao equipo do seu pobo logo de dúas temporadas defendendo as cores do Alfoz.

Brais Rozados será o novo adestrador do Antas. Pasou polo Outeiro de Rei, como axudante de Adrián Vázquez e tamén foi cordinador do Sagrado Corazón. No Chantada B renovan un ano máis Álvaro, Mourenza, Jorge e Iker.

O Corgo contará novamente con Jordi, mentres que o Pol B, conxunto que debutará na Terceira Futgal nesta campaña, asinou ao gardameta Hugo Fiallega, que chega procedente do Begonte FS. Será a primeira experiencia fóra do 40×20 para o xove porteiro. Tamén formará parte do filial o extremo Iago Rodríguez, ex do Sporting Lucense e Juan David, con pasado no xuvenil do Castro.

Diario dun mercado. Episodio 493

O Chantada quere ser Supercampión

Diario dun mercado. Episodio 493

José Manuel (Guitiriz): «Hai que poñer en

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *