#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Segunda RFEF #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 487

Non para o mercado nin na finde de Galicia. Unha fin de semana que algún dos nosos veciños celebra desde a diáspora: é o caso do burelao Pol Bassa. O lateral esquerdo mariñán, logo de visitarnos na última edición do Campus Futbolinlugo na Marosa, asina no Fuenlabrada da Segunda Federación. Nesa mesma categoría, a Sarriana refórzase coa chegada dun dos xogadores máis destacados da Terceira o curso pasado: Ivaldine Pereira ‘Ju’ chega á Ribela logo do seu paso polo filial do CD Lugo e tras formarse na base do RC Celta, entre outros.

mercado
Javi Liz, nunha das súas etapas de albivermello. ENDIE DOARÚA

Desde á Sarriana e rumbo a un dos conxuntos máis atractivos da Preferente, o do Pol, chegan o gardamallas Javi Liz e o atacante Diego Rey, que darán un salto de calidade ao cadro do Manuel Luna. Outro ex da Sarriana chega ao Manuel Anxo Cortizo dun Lalín que colle cor lucense neste mercado: Brais Prieto é novo xogador do cadro do Deza e estará ás ordes do chantadino Roberto Fernández.

O mercado está moi activo en Sarria

Na Primeira Futgal, o Lourenzá renova ao mediocentro Jorge e ao dianteiro Luis, mentres que o lateral Huertas sóbe desde o equipo xuvenil para dar continuidade ao proxecto de base laurentino. O Santaballés incorpora ás súas filas ao porteiro Chipi, que ten experiencia na categoría logo do seu paso polo Monterroso e que tamén militou nas filas de Castro ou San Roque.

Tamén hai movementos en Abadín: Álex, mediocentro aínda en idade xuvenil, deixa o Racing Villalbés para unirse ao conxunto do Municipal. E na zona sur da provincia, Jordi López dirixirá ao filial da SD Chantada. Ao seu carón estará un vello coñecido do Sangoñedo: Rodrigo Amarante.



Diario dun mercado. Episodio 487

Diario dun mercado. Episodio 487

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *