#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Segunda RFEF #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 482

Nin o sábado descansa o mercado. As novas sucéndense nunha provincia na que todos os clubes queren completar un curso positivo e na que os futbolistas tamén procurarán os seus obxectivos persoais. É o caso de Azael, que dá o salto á Primeira RFEF. O Racing de Ferrol fíxose cos servizos do canteirán de Lugo e Racing Villalbés logo do seu extraordinario curso en Sarria. Na Ribela continúa outro dos destacados da 24/25: Álex Boedo.

O mercado non da tregua

Na Primeira Futgal, a Residencia mantén o seu proxecto coa continuidade dos seus capitáns: Diego Bravos, o ‘All Star’ Chiqui, Tebi, Adrián Rasilla, Dani Renda seguen no cadro branquiazul. Tamén renovan Borja, Permuy, Artai, Rois, Manu, Xabi, Javi Calderón e Nico.

A zona norte móstrase especialmente activa hoxe. O Alfoz faise cos servizos de Soto, que suma o cadro mariñán á súa traxectoria. Ademais, o Meira ficha a Bravo, que chega desde o Riotorto. Na Terceira, o vilalbés Rafa renova no Catro Roldas; os mediocentros Kike e Pablo continúan no Roupar e Chupi cumprirá a súa sexta temporada no Abadín.

mercado
O capitán David Cabado renova no Corgo.

Cara o sur, o capitán David Cabado renova no Corgo e reaparecerá logo da súa longa lesión. Ademais, Iago Aira cambia o Lemos ‘B’ polo Sober. Outra das bombas do mercado é a sección feminina do San Roque, que salirá a competir de novo.



Diario dun mercado. Episodio 482

Diario dun mercado. Episodio 481

Diario dun mercado. Episodio 482

Diario dun mercado. Episodio 483

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *