Diario dun mercado. Episodio 481

O mercado mantense moi vivo na provincia, con clubes que ultiman as súas fichaxes de cara a nova temporada. Achégase o comezo das pretemporadas, e con el a procura dos obxectivos que cada equipo presenta. Móvense as cartas tanto en categorías nacionais coma autonómicas, pero a misión é clara: converter a 25/26 nunha temporada para a lembranza.

É o caso da Sarriana, que suma ao seu proxecto na Segunda RFEF a Edu González (Gran Peña) e a Nacho Oliveira (Celta Xuvenil A) para engadir calidade ao seu cadro de xogadores e competir con garantías na nova categoría.

Na Primeira Futgal, o Guntín renova a Brais Barreira e a Rubén Seijas. Cumprirán así a súa quinta e cuarta temporada respectivamente no cadro do Ladairo, que seguirá adestrado por Germán Campos. Debasa marcha rumbo Outeiro de Rei, onde tamén xogará outro ex do Guntín, Francisco José Morado ‘Purri’.

O mercado da Primeira Futgal anda candente nos últimos días

Na zona norte, Xoel e Pichi continúan no Lourenzá e, no sur, o Escairón renova ao capitán Rubén Díaz e aos defensores Kevin Escobar e Tagüi. A metade de camiño, en Santaballa, Sergio Cazás xogará por segundo ano consecutivo na Liga, ao igual que Xesu.



mercado
Samos continúa no Paradela.

Na Segunda Futgal, o Celta Barreiros incorpora ao gardameta Dani Torrente, que chega ao Cascabeiro desde o Catro Roldas. Á súa vez, o Paradela asegurou a continuidade de Samos, que xogará a súa sétima campaña consecutiva no club.

A Piringalla seguirá contando con boa parte do seu cadro: Juan Vidal, Miño, Pipi, Corredoira, Corrales, Truku e Villamor xogarán un ano máis na entidade capitalina. Ademais, os xuvenís Rubén e Jeremy sóben ao primeiro equipo laranxa. A escasos quilómetros de Lugo tamén hai mercado: Abel Rochela continúa á fronte do Corgo e seguirá tamén como coordinador do fútbol base no Municipal.



Diario dun mercado. Episodio 481

Diario dun mercado. Episodio 480

Diario dun mercado. Episodio 481

Diario dun mercado. Episodio 482

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *