Rubén Acebedo, novo adestrador do Lourenzá neste mercado

Diario dun Mercado. Episodio 461

O mercado sigue botando fume un episodio máis e nesta ocasión son moitos os xogadores e adestradores que comezan a definir o seu camiño. Varios deles anunciaron a súa despedida para xa poder dar un novo paso dentro da súa carreira. Outras persoas do fútbol lucense decidiron xuntarse a grandes proxectos deportivos onde hai máis figuras da provincia e varios técnicos continúan con proxectos que queren seguir dando pasos cara adiante

Marchas con destino marcado

O adestrador ribadense Rubén Acebedo ficha como adestrador do Lourenzá de cara a seguinte tempada. O mercado fixo que, tras dúas tempadas no Celta Barreiros na que na última loitou polo campionato da Segunda Futgal Norte ata a última xornada. O técnico chega a un proxecto de Primeira Futgal no que na pasada campaña acadaron a permanencia con sete puntos de marxe co Oural, pendente dos arrastres. Na Segunda Futgal, tampouco continuará Isaac Rouco, adestrador do Cabeiros esta campaña.

No Chantada B tamén hai un novo movemento. Despois de dúas tempadas tanto no filial coma no sénior feminino, Jorge Lemos marcha con destino a Oural, onde é un dos da casa. Hai unha curiosidade neste movemento, xa que vaise ao equipo do que depende a salvación do filial chantadino na Segunda Sur, inda que a de ambos é dependente de que a Sarriana ou o Estradense ascendan á Segunda RFEF desde a eliminatoria nacional.

O mercado non move proxectos consolidados

Os proxectos que tiveron grandes resultados ao longo desta tempada confirman neste mercado que cando as cousas van ben non hai que modificalas. O maior exemplo é o Iberia, que despois de acadar o ascenso directo á Primeira Futgal seguirá contando con Moro unha tempada máis. No grupo sur, Piru continuará un ano máis no San Roque despois de chegar e bicar o santo ao acadar unha promoción de ascenso.



O último movemento do mercado dentro do fútbol lucense deste Diario chega na Coruña. O Atlético Coruña Montañeros segue baseando en gran medida o seu proxecto de xogadores da provincia. Unai Peón xogará na Terceira RFEF tras renovar e ademais terá a compañía dun novo xogador de Lugo na zaga coma é Iago López despois de xogar no Betanzos e para aportar a súa experiencia tras 12 tempadas na categoría.

Diario dun Mercado. Episodio 461

A SD Antas está xa na final

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *