Diario dun mercado. Episodio 458
-
- 0
- 2min de lectura
O mercado do fútbol lucense abriuse nada máis comezar a rematar as competicións e xa hai moitos equipos que tiveron as primeiras despedidas de pezas importantes ao longo destas últimas tempadas. Tamén chegan os puntos máis tristes, xa que moitas lendas dos campos da provincia confirman a súa retirada tras moitos anos desplegando toda a súa calidade polos diferentes puntos xeográficos de Lugo.
Tras culminar a súa permanencia na Segunda Futgal na novena posición con 38 puntos, o técnico Jony Lombardía anunciou que non contiuará no Páramo a vindeira tempada. Tras ascender á categoría aos das Rapadas, tanto el como o seu segundo César Sanjurjo marchan facendo historia. Pero tamén foi tempo de marcha de xogadores, xa que Joni López, Javi López, Rodrigo, Ricardo, Diego Reija e a revelación Jorge Lombardía tamén se despiden do conxunto da comarca de Sarria, que terá como tarefa reconstruírse neste mercado.
Tamén hai dúas marchas máis nos bancos da provincia neste inicio de mercado. Brais Vázquez pecha o seu ciclo tras anos no Palas nos que foi parte imprescindible dos éxitos recentes do equipo. Tamén deixa de adestrar ao seu equipo Quiroga, que xa non dirixiu o último partido ligueiro do PM Friol B. Friol non deixa de dar novas, xa que Martín, adestrador do equipo masculino, tamén deixa o clube.
Pero o máis doloroso para os afeccionados do fútbol lucense é o tempo de dicirlle adeus a grandes figuras dos nosos campos. Un dos históricos que colga as botas nesta tempada é Lourido, que anuncia a súa retirada tras 33 anos ao rematar o seu último encontro co Meira ante o Foz cunha derrota por 2-3. Unha lenda que tivo a homenaxe que merece pola súa traxectoria grazas tanto aos seus compañeiros coma aos rivais no encontro do pasado domingo.
Tamén houbo novas retiradas en varios equipos. O primeiro é Toni, o xogador do Celta Barreiros que estivo a piques de facer que o seu último servizo ao fútbol fose levar aos seus á Primeira Futgal. Ademais, Garrafín despídese do fútbol no Lourenzá que tanto lle deu durante os últimos vinte anos que representou esas cores