Xa preto do comezo da temporada en varias categorías, as novidades nos conxuntos lucenses seguen sucedéndose.
O Viveiro revolucionou o seu cadro de xogadores nos últimos días. Obi, Alex Sander, o andaluz Yerai e os mariñáns Jairo e Kevin non comezarán a nova campaña ás ordes de Jadri Rego. Pola contra, chegan ao conxunto celeste dous laterais. Álex Vila, formado na canteira do Celta e procedente do Anguiano, e Diego Herrador, xogador experimentado que chega do Atlético Astorga, onde exercía ademáis de capitán.
Sen saír da Mariña o Foz anunciou a contratación de dous dianteiros. Salim, procedente do Guntín, e Fouad que chega desde o Plasencia, reforzarán o ataque dos do Martínez Otero.
O Castroverde estará adestrado esta temporada por Iago, que volve a coller as rendas do club, agora en solitario tras a saída de Fran Veiga.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Novidades tamén no fútbol feminino. O CD Lugo asina a contratación de Iona e Asia, procedentes do Peluquería Mixta Friol. O filial do cadro lucense fichou a Mel, con pasado no Antas, onde se desenvolvía como porteira ou central.
A SD Chantada renova a tres futbolistas. Ángeles, Rocío Cudeiro e Tania Novoa continuarán no conxunto do Sangoñedo. Na Comercial seguirán as centrais Sheila e Estefany.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)